mércores, 29 de xuño de 2022

GRADUACIÓN FIN DE ETAPA ALUMNADO 4ºESO 2022


Este curso celebramos, por primeira vez, a graduación de fin de etapa do alumnado de 4ºESO. Reuníuse o alumnado e profesorado no Salón de Actos de noso instituto esta tarde para celebrar o fin de etapa e nalgún caso a despedida do alumnado que xa non seguirá no centro. Á vez foi a despedida dunha das profesoras por xubilación, Dores Castro Villar, quen foi titora este curso dun dos grupos de 4º e impartiu lingua e literatura galegas en todos eles.


As presentadoras do acto Violeta Hernández Gestal e Carla Vázquez Ruano (4º-A).
Os discursos por cada un dos grupos:


4ºESO-A: Irene Doncel Veira e Guillermo López Vaa
monde.


4ºESO-B: Roque Torre Castro.


4ºESO-C: Martín Golán Sande.
As actuacións musicais:


Canta María Fernández Sánchez con Iago López Pérez ao piano (4º-B).


Iago López Pérez cantando "We are the champions" e "We can work it out".



Roque Torre Castro tocando o piano (4º-B).


Kamille Prainha Pedrozo cantou (4º-B).



Homanaxe á profesora de galego Dores Castro Villar, titora de 4ºESO-A, profesora de galego nos tres grupos de 4ºESO, que cumpliu o seu derrradeiro curso antes da súa xubilación. Tamén deu o seu discurso de despedida.

xoves, 23 de xuño de 2022

LISTAXE LIBROS DE TEXTO CURSO 2022-23


 Incluímos a ligazón á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2022-23.  Hai cambios de texto principalmente nos cursos impares debido á implantación da nova lei educativa LOMLOE.

mércores, 22 de xuño de 2022

NOVA CONVOCATORIA DE PROBAS DE CERTIFICACIÓN DE IDIOMAS CURSO 2022-23

 AMPLIADO O PRAZO ATA SETEMBRO


A Consellería de Educación da Xunta ven de convocar as probas de nivel lingüístico para alumnado de secundaria para o curso 2022-23, para todos aqueles interesados en realizar unha proba de certificación en lingua estranxeira (inglés ou francés) nos niveis B1, B2 ou C1. O único requisito é asinar un compromiso oficial de asistencia e realización da proba e a entrega da mesma. O documento para asinar o comprimiso entregarase no momento da matrícula do alumnado dos cursos de 4ºESO, 1º e 2º de BAC de 2022/23. Só poderán facer o exame dunha das linguas (inglés ou francés). Toda a información na ligazón que se inclúe abaixo:

Resolución do 10 de xuño de 2022, pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades


martes, 21 de xuño de 2022

EXAMES TRINITY: INFORMACIÓN SOBRE RECUPERACIÓNS E RECOLLIDA DE DIPLOMAS

 


Incluimos información variada sobre os exames Trinity.

Primeiramente, todo o alumnado que aprobou as dúas probas na convocatoria 2021/22, pode recoller o diploma final na secretaria do noso centro.

En segundo lugar, incluimos datas e lugares dos exames de recuperación da convocatoria deste curso 2021/22:

EXAMES DE RECUPERACIÓN:

- READING-WRITING EXAM: SÁBADO 25 XUÑO DE 100:00h a 12:00h no HOTEL AC-MARRIOT na Rúa Enrique Mariñas Romero, 34, 15009, A Coruña.

Os candidatos DEBEN estar no lugar MEDIA HORA ANTES.

- LISTENING-SPEAKING EXAMS: XOVES 7 XULLO no IES "RAFAEL DIESTE".

Os candidatos DEBEN estar no lugar MEDIA HORA ANTES da hora do seu exame.

Podedes recoller o xustificante de entrada (e hora) dos exames na secretaría do instituto e que deberedes levar xunto co voso DNI no día do exame. Os que vos presentedes á recuperación do speaking recordade que tamén deberes levar o pendrive coa vosa elección sobre o que falar.

sábado, 18 de xuño de 2022

EXCURSIÓN FIN DE CURSO PARA O ALUMNADO VOLUNTARIO DA BIBLIOTECA

 

Despois dun curso de traballo continuado e ben feito durate os recreos, o alumnado voluntario de Biblioteca disfrtuou dun día de excursión como premio e colofón do feito (deixando a aprte o chocolate  e as galletitas saladas). Unha visita guiada á Biblioteca da Diputación (déposito, facsimiles incunables, orixinais etc..) e, pola tarde, un paso polo Museo de Bellas Artes).











venres, 17 de xuño de 2022

VI TORNEO DE XADREZ INTERCENTROS


Onte xoves tivo lugar a final da VI edición do Torneo de xadrez intercentros. Este curso xogamos no IES Urbano Lugrís e participou tamén alumnado do IES Fernando Wirtz. Como noutras ocasións, o mestre de xadrez Jacobo Caselas xogou as partidas simultáneas (por sexto ano gana todas) e a novidade foi a partida a cegas. O primeiro premio foi para O Wirtz e nós, trouxemos para casa o segundo. 
Noraboa a todos e todas!!















 

xoves, 16 de xuño de 2022

94% APROBADOS DO "RAFAEL DIESTE" NAS ABAU 2022

Xa son públicos os resultados das probas da ABAU 2022.
O 94% do alumnado do noso centro que se presentou ás probas  aprobou.
Parabéns!
 

luns, 13 de xuño de 2022

GRADUACIÓN PROMOCIÓN "RAFAEL DIESTE" 2022


O alumnado de 2ºBAC do "RAFAEL DIESTE" celebraron o pasado venres 10 de xuño o seu acto de graduación. Nunhas datas algo mais retrasadas do habitual, xa que ese ano esperaron a terse presentado ás probas da ABAU. Pero xa relaxados, este curso poidéronse reunir de novo o alumnado, o profesorado e as familias para festexar o momento.
Parabéns e moita sorte para tod@s eles no seu futuro!
Actualizamos con máis fotos e o video do acto:



Os presentadores: Lucía Orrico e Alfredo Arcos


O discurso do director Mateo Torres:



Os discursos do alumnado: Lorena Enríquez, Daniel Mora e Ian González:




O discurso do profesor: Carlos Blanco:


A actuación de Adrián Tinaquero á batería:



O video do acto:

 

venres, 10 de xuño de 2022

O NOSO GRUPO 'DIVERXENTES' VISITAN ASOCIACIÓNS EN VIGO




O grupo de diversidade e de apoio afectivo-sexual do noso centro, DiverXentes viaxaron onte á cidade de Vigo para visitar a Asociación Nos Mesmas e tamén a Asociación Pvlse, para coñecer de primeira man a labor realizada por estas asociacións. Nós Mesmas loita polos dereitos das mulleres lebianas, bisexuais e transexuais. Pvlse é unha organización de gays e lesbianas que traballan de xeito transversal os dereitos sociais da cidadanía.
 Agradecemos toda a información e o traballo de ambas asociacións na concienciación e formación nestes ámbitos.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores