martes, 29 de xuño de 2021

GRADUACIÓN PROMOCIÓN "RAFAEL DIESTE" 2021


ACTUALIZACIÓN: CON VIDEOS E LIGAZÓN ÁS FOTOS





 
Este curso, finalmente, poidemos retomar de novo a ceremonia de graduación da promoción de alumnado de 2ºBAC. Ainda con restriccións, poidéronse reunir alumnado e profesorado para o acto que se celebrou no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas de A Coruña, veciños do noso centro. Pódese ver o acto a través da plataforma TWITCH.
Parabéns e os mellores desexos para todo o alumnado da promoción "Rafael Dieste 2021"!

Pódese acceder ás fotos do acto nesta LIGAZÓN: FOTOS.

Videos:



O 'RAFAEL DIESTE' NA PRENSA LOCAL


 Fotos: "La Voz de Galicia"

O instituto Rafael Dieste prepárase para cambiar de fachada e esquecer as filtracións   ["La Voz de Galicia"]

Aparecen referencias do noso instituto na prensa local este días.
A primeira é sobre unhas obras que se acometerán para sustituir a cuberta e renovar fachadas. Ligazón á noticia no xornal debaixo da foto superior.

Tamén apareceu a lista dos centros educativos da provincia de A Coruña clasificados según a nota media acadada nas probas ABAU deste curso. O noso centro aparece no posto 17º de 45, cunha nota media de 6,80. Sendo un dos dous centros da cidade co 100% de aprobados na proba.




























luns, 28 de xuño de 2021

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2020-21 POLA PLATAFORMA "TWITCH"


 O acto da Graduación da Promoción 2020-21 do noso instituto celébrase mañá martes 29 de xuño ás 19:00h na Escola de Idiomas de A Coruña. O acto retransmitirase en directo a través da plataforma TWITCH no canal de tela_marinera para que todas as familias poidan seguilo. Nesta ocasión, por mor da restriccións de aforo, so poderán asistir o alumnado e o profesorado. Pódese acceder á páxina da plataforma na ligazón inferior.

mércores, 23 de xuño de 2021

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO CLUBES DE LECTURA 1ºESO




 Onte fixemos a entrega dos premios do concurso dos Clubes de Lectura de 1ºESO, última actividade deste curso. Os premios entregáronse na librería do noso barrio "Luar".

venres, 18 de xuño de 2021

CHARLA-TALLER CON DEBORAH GARCÍA BELLO NO 'RAFAEL DIESTE'


 Hoxe regresou ao noso instituto Deborah García Bello, @Deborahciencia. É química e divulgadora científica. Escribe de ciencia no seu blog Dimetilsulfuro e outros medios nacionais, pero ademáis traballa na TV, radio ...

Fixemos unha Charla-taller "O superpoder de saber ciencia",  co grupo de 1º de ESO D arredor do Coronavirus, e da ciencia que hai que coñecer para entendelo ben. O contaxio, a mascarilla, a hixiene, os tests, vacinas... Co taller e a realización dos experimentos continuaremos o luns.






Video de Deborah García sobre os test PCR:

luns, 14 de xuño de 2021

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS PLÁSTICA ALUMNADO 3ºESO (Curso 2020-21)

Temos expostos todos os traballos do alumnado de Educación Plástica e Visual de 3ºESO da profesora Ana Cuíñas feitos durante este curso.





 

venres, 11 de xuño de 2021

AVISTAMENTO DO ECLIPSE SOLAR DENDE O 'RAFAEL DIESTE'


 Alumnado de 1º e 2º da ESO sairon á parte exterior das instalacións do instituto para o avistamento da eclipse solar anular que tivo lugar onte xoves 10 de xuño cerca do mediodía.
Unha eclipse solar ocorre cando a Luna pasa entre a Terra e o Sol, escurecendo así total ou parcialmente a imaxe do Sol para un espectador na Terra. ​Unha eclipse solar anular ocorre cando o diámetro aparente da Lúa é máis pequeno que o Sol, ocultando a maior parte dela e causando que o Sol pareza un anel.
Aquí tedes fotos da actividade organizada polo Departamento de Ciencias.

















xoves, 10 de xuño de 2021

SURFING 'RAFAEL DIESTE'


 Esta semana os grupos de alumnado de 3ºESO tiveron a oportunidade de practicar ou iniciarse no deporte do surf na praia de Bastiagueiro, organizado polo Departamento de Educación Física. Aquí fotos da actividade.





mércores, 2 de xuño de 2021

NOVO BLOG E INSTAGRAM DO GRUPO AFECTIVO-SEXUAL: DIESTEDIVERSIDADE




 O noso Grupo Afectivo-Sexual estrea Instagram e blog, podedes acceder nestas ligazóns inferiores ou no ícono do grupo na columna dereita deste blog.

instagram.com/diestediversidade/

- blog/diestediversidade

Benvidas e benvidos, O día 25 de maio de 2021 comezamos esta nova aventura no IES Rafael Dieste cun grupiño de alumnas e alumnos e varias profesoras. Nesta primeira reunión asentamos as bases deste grupo de apoio afectivo-sexual que arranca esta semana. Tocáronse diferentes temas: pasouse revista á lexislación que apoia a creación deste grupo, das distintas ferramentas de prevención do acoso, decidiuse utilizar Telegram como principal canle de comunicación, e de contar cun taboleiro LGTBIQ+, un espazo propio na Biblioteca e un Aula Segura .  Pouco a pouco todas estas propostas comezan a tomar forma. Paso a paso iremos crecendo xuntas e xuntos, cara un próximo curso cheo de ilusión e ganas.  O noso obxectivo este curso será asentar as bases deste grupo e comezar coa celebración do Mes do Orgullo e a nova sección "Razóns para unha educación con orgullo" no noso perfil de Instagram (@diestediversidade).  Grazas a todas e todos por apoiarnos. Imos comezar!

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores