Amosando publicacións coa etiqueta Ecoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ecoloxía. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de decembro de 2023

AGASALLA EN VERDE


 

Agasalla en verde

Celebremos este Nadal por todo o alto, con agasallos para todo o mundo e sen gastar un euro!! É importante consumir de xeito responsable sempre, tamén nestas datas. Por iso propoñemos ao alumnado:

1. Trae da casa algo que estea en boas condicións e non uses.

2. Lévao no primeiro recreo ao Espazo Seguro e dállo ao profe que estea alÍ.

3. Datas: Dende o xoves 14 de decembro ata o martes 19 de decembro

3. O xoves 21 terás o teu agasallo-sorpresa!!!

Un saúdo!!

Organiza: varios Departamentos e mais a BIblioteca propoñemos está actividade sobre consumo responsable para estas datas.

venres, 7 de febreiro de 2020

CONEXIÓN ANTÁRTIDA


Hoxe venres tivemos unha conexión en directo con Xavi Fonseca, xornalista da Voz de Galicia 
A nosa conexión tivo contratempos, o noso micrófono non ía e Xavi non nos escoitaba. Tivemos que facela co móbil, pero a pesar de que o viamos en pequeno, escoitabámolo perfectamente. Fixemos unha chea de preguntas e Xavi Fonseca contestou moi claro, achegándonos unha chea de datos. A experiencia antártica encantounos!

sábado, 16 de novembro de 2019

DE VOLTA DE OS PEARES: BACK FROM THE 'ENGLISH WEEK'



Hoxe xa regresaron os 25 estudantes do 'Rafael Dieste' que pasaron esta semana en Os Peares no programa de inmersión lingüística "English Week".

Onte no derradeiro día da estadía realizaron as presentacións dos proxectos desenvolvidos ao longo da semana sobre o tema do medio ambiente e as 3R (reducir, reutilizar e reciclar).

Só resta darlles os parabéns a todo o alumnado participante pola súa boa actitude e participación durante toda a semana e as grazas á profesora acompañante (Leticia Ogando) e ao persoal da residencia.






Versión en inglés @ ClickOnEnglish

xoves, 4 de abril de 2019

"EUROPEAN MARITIME DAY 2019" NO 'RAFAEL DIESTE'

Participamos no  Bring European Maritime Day to your country unha actividade para concienciar sobre o problema do plástico no mar.
A conferencia do Día Marítimo Europeo 2019 levarase a cabo en Lisboa, Portugal. Pero son moitos os distintos eventos que se desenvolverán en distintas localidades de toda Europa e no noso país.


IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores