xoves, 27 de maio de 2021

RUTA CICLOTURISTA CO ALUMNADO DE 4ºESO



 Ruta cicloturista, esta vez co alumnado de 4ºESO, como saída xa de fin de curso, organizado polo Departamento de Educación Física.

OS PODCAST DE RADIOFIESTRA CURSO 2020-21


 Dado o protocolo Covid deste curso e o empuxe que desde a biblioteca queremos dar á oralidade, podemos afirmar que éste foi un año moi frutífero para a nosa radio escolar. Aquí tedeis a ligazóns a todos os podcasts que creamos con diferentes traballos do alumnado. As deste curso aparecen consignados ca abreviatura do mes e o ano (Xan-2021). Hai podcast dende xaneiro ata maio de 2021, para o que teredes que pasar as distintas páxinas.


Fotos de actividades de formación de radio.

mércores, 26 de maio de 2021

GRUPO DE APOIO AFECTIVO-SEXUAL DO IES "RAFAEL DIESTE"

 


Onte, día 25 de maio de 2021, tivo lugar a segunda reunión dun grupo de alumnos e alumnas de 3º ESO varias profesoras para sentar as bases do grupo de apoio afectivo-sexual que arranca no IES Rafael Dieste.

Tocaronse diferentes temas: pasouse revista á lexislación, das distintas ferramentas de prevención, decidiuse utilizar Telegram, da posibilidade de contar cun taboleiro Lgbtq+, un espazo propio na Biblioteca e un Aula segura.

A próxima reunión terá lugar antes de finais de xuño para preparar o Día do orgullo Lgbtq+ que é o 28 de xuño, pero que no instituto se celebrará entre o 21 e o 22.

venres, 21 de maio de 2021

FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E AXUDA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021-22


 IES PLURILINGÜE RAFAEL DIESTE

Participación no fondo solidario de libros de texto e convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2021/2022.DOG Núm. 93 (xoves, 20 de maio de 2021).

DESTINATARIOS

Todo o alumnado que no vindeiro curso 2021/2022curse 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO deberá realizar a solicitude,incluso os que teñan materias suspensas,ata o 22 de xuño de 2021.


Fondo solidario de libros de texto

O alumnado que curse 1º, 2º, 3º ou 4º da ESO recibirá:

6 libros para renda per cápita familiar6.000 €, ou alumnado en garda ou tutela Xunta.

4 libros para renda per cápita familiar >6.000 € e10.000 €.


Axudas para adquirir libros de texto

240 € para alumnado con NEAE – ESO e renta per cápita familiar6.000 €.

160 € para alumnado con NEAE – ESO e renta per cápita familiar >6.000 € e10.000 €.

240 € para alumnado con NEAE - ESO en garda ou tutela da Xunta.

275 € ou 6 libros para alumnado con discapacidade65%. 275 € para Educ. Especial.


Axudas para adquirir material escolar

50 € para o alumnado da ESO con renda per cápita familiar6.000€, alumnado con necesidades educativas (NEAE), ou con discapacidade65% ou de Educación Especial, ou en garda ou tutela da Xunta.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Na convocatoria actual poderase realizar a solicitude accedendo áaplicación Fondolibros(https://www.edu.xunta.es/fondolibros), e unha vez teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e poderán optar polas seguintes formas depresentación:

Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude (anexo I) e o anexo II e presentaranos no centro, debidamente asinados, xunto coa documentación.

Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. (https://sede.xunta.gal)

Documentación necesaria no caso de presentación no centro educativo:

1.Solicitude (anexo I) e anexo II (debido ao cambio na normativa solicitarase o consentimento expreso das persoas que figuren no anexo II para consultar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicasou, a falta desta, o certificado tributario de imputacións do exercicio 2019). Unha única solicitude para cada familia con fillos admitidos no mesmo centro.

2.Copia e orixinal do libro de familia.

Documentación complementaria, se procede:

3. Copia e orixinal do certificado dograo de discapacidadedo/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

4. Copia e orixinal da documentación xustificativa da situación daviolencia de xénerono ámbito familiar.

5. Copia e orixinal da resolución xudicial deincapacitacióncon patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

6. Copia e orixinal da resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para oalumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

7. Copia e orixinal do certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órganoequivalente do concello onde resida a familia,no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezande DNI e NIE.

CALENDARIO

Trámites / Prazo / Observacións

Devolución de libros texto para alumnado que cursou 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO no curso 2020/21

Ata o 2de xullo. Para asmaterias pendentes do curso 2020/21ata que se examine, e como máximo ata o 7 de setembro de 2021

A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para material escolar no curso 2021/22.

Presentación solicitudes

Do 21 de maio ata o 22 de xuño de 2021

O alumnado que repita 4º ESO terá de prazo un mes desde a formalización da matrícula. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes desde a formalizaciónda matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2022.

Publicación listaxes provisionais

9 de xullo de 2021


Haberá dous días para a presentación de reclamacións.

Entrega vales de axudas en xullo

Do 14ao 24 de xullo de 2021

Emenda de erros detectados nos vales: 10 días desde que se recibe o vale.

Publicación de listaxes definitivas



luns, 17 de maio de 2021

HOMENAXE A XELA ARIAS EN "RADIOFIESTRA" NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Aquí tedes as ligazóns aos podcast de "RadioFiestra" en homenaxe a Xela Arias, a quen se lle adica o Día das Letras Galegas 2021.
Preparado por alumnado e profesorado do noso instituto.


 

Con estes podcast participamos no III Concurso de Podcast de "Radio na Biblio".

mércores, 12 de maio de 2021

MARTES 18 MAIO, DÍA NON LECTIVO


 DÍA NON LECTIVO ELEXIDO POLO CLAUSTRO: MARTES 18 MAIO 2021.

Polo que esta fin de semana terá 4 días.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores