xoves, 28 de febreiro de 2019

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2019-20

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
CURSO 2019-20

Prazo de presentación de solictudes de admisión de novo alumnado non adscrito: do 1 ao 20 de marzo de 2019.

A solicitude formalizarase:

- Directamente na aplicación admisión alumnado.
- Ou a través do Anexo II, que se solicitará no centro educativo ou se descargará de Escolarización.

A solicitude, acompañada da documentación que se indica a continuación, será entregada no centro no que se solicite praza no primeiro lugar. So se pode presentar unha única solicitude na que se poderá facer unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA REALIZAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN
- Fotocopia do DNI do alumn@ ou certificado de nacimento.
- Fotocopia completa do libro de familia.
- Certificado de matrícula do curso actual.
- Fotocopia da solicitude de admisión unha vez cuberta.
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e o convenio regulador donde conste a custodia do menor, se é o caso.

mércores, 27 de febreiro de 2019

ALUMNADO DE ARTE 2ºBAC VISITA O MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA

Onte o alumnado que cursa a asignatura de Historia do Arte de 2ºBAC do noso centro visitaron o Museo de Belas Artes da nosa cidade para visitar a súa colección permanente.

Estas visitas teñen como obxectivo:
- Presentar o museo como un espazo de coñecemento da arte e da cultura.
- Coñecer os diferentes xéneros e estilos artísticos que están presentes na colección. 
- Fomentar as opinións persoais e o gusto estético a través da observación e do diálogo. 
- Pensar na visita ao museo como unha opción para o tempo de lecer. 
- Estimular a imaxinación e a creatividade a través da observación e da creación artística.

A través dunha escolma de obras, este percorrido da a coñecer algunhas das pezas máis destacadas da colección. Dun xeito ameno e atractivo, fomentando a participación e o diálogo entre o alumnado, descúbrense as distintas lecturas dunha mesma obra de arte.

Pero ademáis, nesta ocasión, foi unha maneira de ter contacto directo coa obra de arte, xa que utilizando materiais elaboradas na aula, unha alumna que cursa a asignatura e que non pode ver, poido tocar as obras.


venres, 22 de febreiro de 2019

COLABORACIÓN 'BIBLIODIESTE'-'ÁGORA' 2019


A colaboración da biblioteca do IES Rafael Dieste coa biblioteca do Ágora continúa outro ano máis coa visita dos alumnos de 1º ESO nunha xornada de formación. Este ano o fixemos coincidir co Día Internacional da Lingua Materna e o aniversario de Rosalía.

Os alumnos de 1º A e C fomos recibidos este martes, 20 de febreiro, na biblioteca do Ágora por Rosalía e Curros Enríquez, quen nos amosaron os espazos da biblioteca, os servicios que ofrecen e interpretaron para nós o poema que Curros adicou a Rosalía "No bico un cantar".
O vindeiro martes continuaremos coa visita cos outros dous grupos de 1º ESO.

mércores, 20 de febreiro de 2019

CONVOCATORIA ACTIVIDADES FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2019 ALUMNADO ESO E BAC XUNTA DE GALICIA



Convocadas as axudas á realización de actividades de formación en linguas estranxeiras 2019 para o alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos. Prazo de solicitude ata o 20 MARZO.

martes, 19 de febreiro de 2019

RICARDO GÓMEZ DE VISITA NO 'RAFAEL DIESTE'


Hoxe á mañá visitou o noso instituto o escritor de literatura xuvenil e infantil Ricardo Gómez. Gañador de varios premios como "El Barco de Vapor" en 2006 e o "Gran Angular" no 2010. Nacido nun pobo de Segovia, emigrou logo a Madrid donde se criou. Traballou como profesor de matemáticas. Mais información da súa biografía AQUÍ.
Veu a estar co alumnado de 2ºESO para falar da súa obra "JUEGOS, INOCENTES JUEGOS" e a contestar as súas preguntas.

venres, 8 de febreiro de 2019

SEMANA "A CIENCIA TEN NOME DE MULLER" NO 'RAFAEL DIESTE'


O Departamento de Ciencias e a Biblioteca do IES "Rafael Dieste" conmemora o 11 de febreiro coa "Semana da Muller e a Nena na Ciencia", que inclúe, como podedes ver no cartel anunciador charlas, proxección de películas, exposicións, xogos e observación do ceo entre o 11 e 15 de febreiro. Nestas ligazóns tedes un resumo das actividades:

- RESUMO ACTIVIDADES 11-F
- OLIMPIADA XEOLOXÍA 2019

O 11 de Febreiro é o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A iniciativa 11 de Febreiro promove a realización de actividades que, visibilizando o labor das científicas, conmemoren este día, fomenten vocacións científicas nas nenas e axuden a pechar a brecha de xénero en ciencia.

A terceira edición da Iniciativa celébrase do 1 ao 15 de febreiro de 2019. Este ano acolle máis de 2.200 actividades que chegarán a unhas 130.000 persoas, o 90% celébranse en centros educativos. Máis de 900 persoas da comunidade científica, na súa maioría mulleres investigadoras, impartirán unhas 1900 charlas e talleres que chegarán a máis de 100.000 estudantes en 800 centros educativos.

Ademáis, por outra banda, os días 11 e 18 de febrero os 1º da ESO do IES Rafael Dieste visitaremos a Casa das CienciasVisitaremos o planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, astronomía,…

GAÑADORES DO CONCURSO DE MICRORRELATO DA PAZ 2019

gañadores do concurso de
da paz 2019

Esta actividade convocada pola nosa biblioteca para conmemorar o día da PAZ, xa ten gañadores. Podedes sabelo AQUÍ.

luns, 4 de febreiro de 2019

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NO 'RAFAEL DIESTE'


Os vindeiros mércores 6 e luns 11 de febreiro celebraremos Xornadas de Portas Abertas no IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE" a partir das 19.00h.
As persoas que non poidan acudir nestas datas e horarios poderán solicitar cita previa.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores