venres, 23 de marzo de 2018

DÍA MUS-E, CURSO 2017-18


Hoxe venres 23 de marzo e como antesala das vacacións de Semana Santa, celebramos o Día MUS-E 2018-19 no IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE". 
Esta celebración  mostrou todo o traballado este curso dentro do Proxecto MUS-E nas disciplinas de debuxo, música e educación física incorporando as distintas expresións artísticas nestas clases.







Videos:





xoves, 22 de marzo de 2018

ALUMNADO DO "RAFAEL DIESTE" @ I TORNEO "PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA"


Hoxe pola mañá alumnado do "Rafael Dieste" participou no I Torneo "Panos Brancos contra a Droga" organizado pola Fundación contra o Narcotráfico, acompañados polos profesores de Educación Física. Participou alumnado de distintos cursos.


ENTREGA BOLETÍNS 2ªAVALIACIÓN ESO E 1ºBAC

HOXE
ENTRÉGANSE
OS BOLETÍNS DE NOTAS
DA 2ª AVALIACIÓN 
DO ALUMNADO
DE ESO E 1ºBAC

mércores, 21 de marzo de 2018

CONFERENCIA DE MARÍA SOLAR SOBRE "LOS NIÑOS DE LA VIRUELA"


O martes 20 de marzo, o alumnado de 2ºESO asistiu á conferencia da escritora María Solar organizado polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá. 
Faloulles sobre o súa novela "LOS NIÑOS DE LA VIRUELA", que trata sobre as vidas dos pequenos que formaron parte da expedición filantrópica Balmis que levou a vacuna a América e outras partes do mundo a principios do século XIX.







mércores, 14 de marzo de 2018

BENVIDA AO ALUMNADO DO INTERCAMBIO-NÚREMBERG 2018 NO CONCELLO DE A CORUÑA



O alumnado alemán do Willstätter Gymnasium de Núremberg xa está entre nós. Chegaron onte á tarde. Hoxe xa realizaron visitas á Domus e o Museo de Belas Artes. Mañá teñen unha excursión a Santiago.
Hoxe pola tarde tiveron a recepción oficial de benvida no Concello de A Coruña donde todo o alumnado participante, as profesoras alemanas Eva Schübel-Vogel e Mirjam Hübner e, por parte do noso centro, o auxiliar de conversa Ben Davidson e o profesor Ramón Neira, foron recibidos polo alcalde Xulio Ferreiro e a concelleira de Xustiza Social e Coidados Silvia Cameán.

Para máis fotos: enlace ao Facebook do Concello.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

luns, 5 de marzo de 2018

CONVOCATORIA CONCELLO A CORUÑA: "IDIOMAS DO MUNDO 2018"


O Concello de A Coruña ven de convocar 71 prazas para alumnado de 4ºESO e 1ºBAC deste concello para practicar idiomas (inglés, francés, portugués e alemán) durante 4 semanas no verán 2018

Haberá unha reunión informativa o vindeiro luns 12 de marzo no Centro Cívico Municipal dos Mallos ás 19:00h.

O prazo de solicitude é dende hoxe luns 5 de marzo ata o 28 de marzo.

Máis información e inscripción: www.edu.coruña.es

sábado, 3 de marzo de 2018

A NOSA ALUMNA NAIARA MANTEIGA CEDRÓN PREMIADA NO CONCURSO 'RITA SUÁREZ AMADO'

Foto de Marcos Míguez para "La Voz de Galicia".

Onte entregáronse os premios do XIII Concurso Literario Rita Suárez Amado que organiza o IES "Eusebio da Guarda" da nosa cidade. A nosa alumna NAIARA MANTEIGA CEDRÓN de 2ºESO-A gañou o primeiro premio no apartado de poesía. Parabéns, Naiara.
Deixámosvos tamén a súa poesía gañadora.


Me Asusta Escribirte
[Naiara Manteiga Cedrón]

Me asusta escribirte,

pero más me asusta, no hacerlo.
Y aún no sé qué poner para arreglar,
lo que creo que está roto hace tiempo.
Daré paso a mi corazón para que hable,
porque ya no entiendo el motivo.
Prefiero que hablen mis sentimientos.
Hablándonos a los ojos, no estaríamos tan lejos,
pero somos nosotros y nos cuesta hacerlo.
Por duro que esto sea, más duro es el silencio.
Aún estando presentes, qué cruel, el estar ausente.
Te quiero y me asusta escribirte,
pero más me asusta, no hacerlo.

venres, 2 de marzo de 2018

RECORDANDO O NOSO PRIMEIRO INTERCAMBIO CON NÚREMBERG 2007


Recordamos hoxe a primeira viaxe de Intercambio que o 'Rafael Dieste' fixo co 'Willstätter Gymnasium' de Núremberg alá polo ano 2007. Foi a primeira doutras oito que viñeron despois durante un periodo de máis de once anos. Este primeiro intercambio realizouse en conxunto con outro instituto da provincia o 'Francisco Aguiar' de Betanzos. 
As profesoras acompañantes: Hilda Fraga e Teresa Amido polo noso centro, Chus Suárez e Teresa Cruz polo 'Francisco Aguiar' e Eva Vogel e Mirjam Huebner polo centro alemán.
Aquí unha selección das mellores fotos da excursión pola Serra da Capelada. 










INTERCAMBIO 2018: WILLSTÄTTER GYMNASIUM, NUREMBERG - IES Plurilingue RAFAEL DIESTE, A CORUÑA


Cumprénse este curso once anos da colaboración entre o noso centro educativo e o "Willstätter Gymnasium" de Núremberg, Alemania na realización dun intercambio de estudiantes dos dous centros. Dende entón realizáronse nove edicións do intercambio, e este curso corresponde a décima edición.
Dende o ano 2007 ata o 2014, os intercambios realizáronse anualmente e a partir deste último ano, son bianuais. O intercambio este curso terá lugar durante os meses de marzo e abril. En marzo virá o alumnado alemán e en abril irá a Núremberg o noso alumnado participante.
O alumnado convivirá coas familias correspondentes e aisistirá a algunha actividade escolar en cada un dos institutos e terán preparadas visitas e excursións a lugares de interese da contorna.
Ligazón a fotos de anteriores edicións do intercambio AQUÍ e @ ClickOnEnglish.
Iremos informando.

xoves, 1 de marzo de 2018

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2018-19

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
CURSO 2018-19

Prazo de presentación de solictudes de admisión de novo alumnado non adscrito: do 1 ao 20 de marzo de 2018.

A solicitude formalizarase:

- Directamente na aplicación admisión alumnado.
- Ou a través do Anexo II, que se solicitará no centro educativo ou se descargará de Escolarización.

A solicitude, acompañada da documentación que se indica a continuación, será entregada no centro no que se solicite praza no primeiro lugar. So se pode presentar unha única solicitude na que se poderá facer unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA REALIZAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN
- Fotocopia do DNI do alumn@ ou certificado de nacimento.
- Fotocopia completa do libro de familia.
- Certificado de matrícula do curso actual.
- Fotocopia da solicitude de admisión unha vez cuberta.
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e o convenio regulador donde conste a custodia do menor, se é o caso.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores