Amosando publicacións coa etiqueta 8-M. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 8-M. Amosar todas as publicacións

sábado, 8 de marzo de 2025

8M Día Internacional da Muller


Hoxe, no 8M, almorzamos coas rapazas do IES Rafael Dieste na portada do xornal La Opinión A Coruña.

Son Mencía, Susana, Aroa, Sofía, Karina e Evelyn, a reflexionar sobre os retos aos que se enfrontan como mulleres.

Agradecementos tamén para a periodista Gemma Malvido pola reportaxe e ao fotógrafo Iago López polas imaxes.




venres, 15 de marzo de 2024

Actividades do 8-M, Día Internacional da Muller

Con motivo da celebración do Día Internacional da muller, inaugurouse no instituto un Punto Violeta. Trátase dun Punto de seguridade para a prevención da violencia de xénero , información e acompañamento. Un grupo de profesorado e alumnado está a formarnos na materia.

Ademais, realizouse unha exposición de mulleres referentes e un club de encontro de chapas reivindicativas.


luns, 13 de marzo de 2023

venres, 10 de marzo de 2023

ENTREGA DE PREMIOS DO VI CONCURSO DESEÑO CARTEL 8-M EN SANTIAGO


O pasado sábado 3 de marzo entregáronse en Santiago os premios do VI Concurso de Deseño do Cartel para o 8-M.  Tres alumnas do noso centro:
CANDELA e SOFÍA RODRÍGUEZ BARROSO e INÉS SIEIRA IGLESIAS resultaron premiadas co segundo premio.
Entrada anunciando o seu premio AQUÍ.






venres, 24 de febreiro de 2023

2º PREMIO NO VI CONCURSO CARTEIS 8-M DA XUNTA DE GALICIA





 O noso centro educativo IES Rafael Dieste resultou gañador no VI Concurso para o deseño do cartel e do lema do día 8 de marzo 2023 "Día Internacional da Muller". Obtivo o segundo premio na  categoría, co cartel “ALUMEANDO”, que ilustra esta entrada. Parabéns para as alumnas de 4ºESO, autoras do cartel: INES SIEIRA, SOFÍA e CANDELA RODRÍGUEZ BARROSO.

 A entrega dos premios que terá lugar previsiblemente o venres día 3 de marzo de 2023, en Santiago de Compostela.

Información na prensa "El Ideal Gallego":

Tres centros coruñeses gañan premios no concurso de carteis da Xunta polo 8-M

mércores, 9 de marzo de 2022

ACTOS DO 8-M 2022: DÍA DA MULLER NO 'RAFAEL DIESTE"


 A actividade proposta este curso xirou en torno ao relato Las medias rojas de Emilia Pardo Bazán. No instituto mostramos o noso apoio á causa da muller con medias e calcetíns vermellos e fixemos unha exposición coas fotos dos participantes.

Ademais, a Biblioteca propón unha serie de libros informativos sobre o feminismo e os logros na loita pola igualdade. Podes atopalos todos na sección de novidades.







Presentación das fotos da actividade "LAS MEDIAS ROJAS":

luns, 8 de marzo de 2021

8-M 2021 NO "RAFAEL DIESTE"




Un ano máis conmemoramos o 8 de marzo, Día Mundial das Mulleres no IES Plurilingüe "Rafael Dieste". 

Tivemos unha exposición de carteis no pasillo de entrada (fotos superiores). Fixemos un programa de RadioFiestra sobre o tema, feito polo alumnado ARCO e a súa profesora Silvia Naveira. Podedes escoitalo na ligazón inferior: 

E esta outra actividade de video:

venres, 5 de marzo de 2021

FOLGA ALUMNADO 8-MARZO


 


O alumnado foi convocado a folga o día 8 de marzo.
Reunida a Xunta de delegados, decidiron secundala os cursos de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato.
Para regular esta situación e preservar o dereito dos pais e nais a coñecer as actividades dos seus fillos e fillas, e do alumnado tanto de recibir docencia con normalidade como de non asistir ao centro a dirección do centro informa:
1. No caso de que o alumno decida secundar a folga, deberán cumprimentar a recepción da circular e entregala ao seu titor.
2. Entenderase que aquel alumno que entra no centro asistirá ás clases con total normalidade. Polo tanto, os estudantes non poderán abandonar o centro sen ser acompañado por un responsable.
3. Se houbese previstos exames, non poderán ser valoradas negativamente ou como “non realizadas”.
4. Ese día figurará como “falta non xustificada” e así será comunicada ás familias, pero non terán a consideración de faltas de conduta nin terán consideración de absentismo escolar.

mércores, 10 de febreiro de 2021

CONCURSO CARTEL PARA 8-MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A Xunta de Galicia convoca un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:


  • 1ª Categoría.- Alumnado de infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

  • 2ª Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

  • 3ª Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

     

Prazo de presentación: ata o 23 de febreiro de 2021

 Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo, á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I, que son os datos do alumnado e do Centro educativo, ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal

Esta forma de envío non exime aos centros de entregar os traballos de acordo coas bases do concurso.

As bases do concurso pódense consulta neste enlace AQUÍ


 

sábado, 7 de marzo de 2020

8-MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: "DECIDEN ELAS"


Deciden elas. É o lema da campaña que o alumnado utiliza este curso para conmemorar o Día Internacional da Muller, que foi institucionalizado pola ONU en 1975. A partires do libro Mulleres que (nos) dan que pensar, de África López, se elaboraron carteis sobre galegas, célebres e non tan célebres, destacadas no seu momento en ámbitos e actividades diferentes:
- Ysabel Barreto, almirante pontevedresa do século XVI, 
Sofía Casanova, a escritora e xornalista, nacida en A Coruña no século XVIII, 
ata exemplos máis recentes como Ángeles Alvariño, oceanógrafa de Ferrol ou Antonia Ferrín, astrónoma ourensá, son mulleres que nos  axudan a repensar a nosa sociedade e nos aníman na tarefa da loita polos dereitos de todas as persoas.
Ademais, no instituto contamos  cunha exposición monográfica sobre Hildegarda de Bingen, música, teóloga, naturista, literaria na Alemania do século XII.
E para poñer a guinda, un grupo de alumnos e alumnas baixo a coordinación da orientadora Laura, encargouse de que quedara constancia de que o 8 de marzo é o Día da muller, non so na planta baixa do instituto, senón tamén nas plantas superiores.
Bo traballo e feliz 8 de marzo!!

Video presentación do traballo feito nesta LIGAZÓN


xoves, 16 de xaneiro de 2020

CONVOCATORIA CONCURSO DE CARTEIS PARA O 8-M, DÍA DA MULLER

 A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:


As bases do concurso pódense consulta no seguinte enlace: BASES DO CONCURSO
Animámos a participar ao profesorado e o seu alumnado (titorías, materia de plástica, valores éticos, linguas...) neste concurso de carteis do día internacional da muller.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores