mércores, 29 de xaneiro de 2020

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO E CONCRECIÓN CURRICULAR


Facemos públicos dous documentos importantes para o centro que foron aprobados onte no Claustro e no Consello Escolar. Trátase de:


e a actualización da CONCRECIÓN CURRICULAR.

Ademáis de nestas ligazóns, ambos documentos están sempre dispoñibles tamén na sección de DOCUMENTACIÓN OFICIAL na nosa páxina web para que as poidades consultar.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2020 NO 'RAFAEL DIESTE'


Os vindeiros martes 4 e mércores 12 de febreiro celebraremos Xornadas de Portas Abertas no IES Plurilingüe "RAFAEL DIESTE" a partir das 19.00h.
As persoas que non poidan acudir nestas datas e horarios poderán solicitar cita previa.

xoves, 23 de xaneiro de 2020

CONFIRMACIÓN DATAS E HORARIOS EXAMES "TRINITY", FEBREIRO 2020


Confirmación das datas, horarios e lugares para a realización dos exames "Trinity" (B1, B2 e C1) para o alumnado matriculado de 4ºESO e 1ºBAC do noso centro.

(Reading & Writing)
Lugar: IES Plurilingüe "Eusebio da Guarda", Pza Pontevedra, A Coruña
Data: Sábado 15 Febreiro 2020
Hora: 8:30h 

(Speaking & Listening)
Lugar: IES Plurilingüe "Rafael Dieste" no Departamento de Filosofía no 3º andar frente aos laboratorios de Física e Química.
Datas: entre o 10 e o 12 Febreiro 2020
Hora: Ligazón aos horarios confirmados para cada estudante. Empezan o luns 10 ás 8:30.

venres, 17 de xaneiro de 2020

"DE XENÉTICA E ESTRELAS...": CONFERENCIA CIENTÍFICA DE ÁNGEL CARRACEDO NO 'RAFAEL DIESTE'



Hoxe venres 17 de xaneiro contamos coa presencia do Doutor en Medicina Ángel Carracedo que virá a dar unha conferencia ao alumnado de ciencias de 4ºESO, 1º e 2ºBAC, para entre outras cuestións:

 Coñecer a importancia da investigación científica. 

 Comprender o valor do esforzo e paixón. 

 Valorar a ciencia como fonte de coñecemento, benestar, desenvolvemento e gozo intelectual.

Ligazón a fotos do acto: AQUÍ.

Biografía:
Premio Extraordinario de Licenciatura en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1978 e Doutor en Medicina pola mesma universidade en 1982 tamén con Premio Extraordinario. Catedrático de Medicina Legal da USC desde o ano 1989 e foi director do Instituto de Medicina Legal da mesma entre 1994 a 2012. Actualmente dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS, Xunta de Galicia) e o Centro Nacional de Genotipado- ISCIII (CEGEN) desde os anos 1999 e 2002 respectivamente. Coordina o Grupo de Medicina Xenómica da USC que integra dez grupos de investigación, plataformas tecnolóxicas de última xeración e preto de 100 membros de persoal investigador de diferentes nacionalidades. Ademais é xefe de grupo do CIBERER (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Raras) e Coordinador da área de Xenética e Bioloxía de Sistemas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS). Sumados aos cargos relatados anteriormente, Anxo Carracedo é presidente da International Society for Forensic Genetics (ISFG), Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, coordinador da Rede europea de estandarización do ADN, da Rede Iberoamericana de Xenética Molecular aplicada á medicina forense, membro do Grupo Europeo do ADN e da Comisión de ADN da Comisión de Xustiza dos Estados Unidos de América (USA) e organismos reguladores como a Axencia Europea do Medicamento (EMA), o Comité da Cruz Vermella Internacional ou o Consorcio Internacional de Enfermidades Raras (IRDiRC); forma parte do consello asesor científico do Ministerio de Sanidade do goberno de España e da Consellería de Saúde da Xunta de Galicia. Dentro do campo académico, é editor da revista Forensic Science International: Genetics (a de maior impacto da área forense) e membro do consello editorial de numerosas revistas internacionais de xenética, cancro e medicina forense.

xoves, 16 de xaneiro de 2020

CONVOCATORIA CONCURSO DE CARTEIS PARA O 8-M, DÍA DA MULLER

 A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que imparta ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:


As bases do concurso pódense consulta no seguinte enlace: BASES DO CONCURSO
Animámos a participar ao profesorado e o seu alumnado (titorías, materia de plástica, valores éticos, linguas...) neste concurso de carteis do día internacional da muller.

mércores, 15 de xaneiro de 2020

EXPOSICIÓN DE CÉLULAS HUMANAS


Estes días temos expostos en distintos lugares do noso centro (biblioteca, aula bioloxía 110, secretaría e despacho de vicedirección-secretaría) unha exposición de traballos elaborados por alumnado de 3ºESO B, C e D nas clases da profesora María José Suárez Baulde, que reproducen células especializadas do corpo humán: un micocito ou célular muscular, un adipocito ou célula de grasa, un espermatozoide ou célula sexual masculina, unha neurona ou célula nerviosa.
Aquí tedes as fotos pero podedes pasar a velas nos lugares indicados.



IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores