xoves, 30 de novembro de 2023

ACTIVIDADES DO ALUMNADO EN RELACIÓN CO 25-N


 Dende o 25-N, houbo diferentes actividades por e para o alumnado en torno á comemoración do 25-N en contra da violencia machista: 

Alumnado voluntario de 4º ESO impartiu charlas en 1º e 2ª ESO sobre  a escaleira cíclica da violencia de xénero en la adolescencia. (foto superior)

Alumndo de 4º e 3º ESO comenzaron un obradoiro sobre prevención de violencia de xénero. (fotos que seguen a continuación).

Un equipo de médicos de 1º ESO pasaron polas clases de Bacharelato facendo tests de machismo e receitando Igualdina, a medicina para recuperar a igualdade. Non ten efectos secundarios. (fotos que seguen a continuación)








xoves, 23 de novembro de 2023

mércores, 22 de novembro de 2023

ALUMNADO 2ºBAC EN PRÁCTICA NOS LABORATORIOS ABERTOS DA DOMUS: INVESTIGANDO A ESCEA DO CRIME


 


Hoxe mércores 22 de setembro o alumnado de Bioloxía de 2º de Bach visitou a Domus – Museos Científicos Coruñeses- para realizar unha práctica de PCR: Investigamos a escena do crime, nos seus Laboratorios Abertos. Experimentando coa técnica da PCR (reacción en cadea da polimerasa), os estudantes poden simular a elaboración de perfís de ADN tal e como se realizan habitualmente nos laboratorios forenses. Par identificar a un asesiño, probas de paternidade, filoxenias familiares ou de especies, presencia de virus, bacterias…



luns, 20 de novembro de 2023

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL "EL CAMINO INVERSO" E COLOQUIO CON MARIANO BARBACID NO MUNCYT


 

O Club de Ciencias do "Rafael Dieste" convocou ao alumnado á charla-coloquio do Dr. Mariano Barbacid, celebrado no MUNCYT.

En relación ca Semana da Ciencia e paralelamente ao congreso de La Asociación Española de Investigación Sobre el Cáncer (ASEICA) ASEICA 40th ANNIVERSARY CONGRESS, celebrouse no MUNCYT da Coruña unha charla coloquio do documental “El camino Inverso” del Dr. Mariano Barbacid.

O Dr. Mariano Barbacid, que dirixe actualmente o CNIO, é u dos investigadores máis citados internacionalmente. As súas investigación sobre cancro e xenes, oncoxenes, (mutaciones de oncogenes RAS o aislamiento del oncogén TRK) foron das primeiras que iniciaron este camiño e que levaron a afrontar os tratamentos de cancro dunha manira moito máis efectiva.

O Dr. Mariano dí que non se debe falar de cancro en singular, se non de cancros. É como se dixéramos “infección” e trataramos todas igual.

Tamén falou da falta de financiación e endogamia na ciencia en España.

Aquí o tráiler do documental:

Tráiler del documental 'El camino inverso' 

xoves, 16 de novembro de 2023

CONCERTO ALDAOLADO: CONFIMADO NINGUÉN MORRE DE ESCOITAR POESÍA





O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Rafael Dieste visitou o Centro Ágora para presenciar un espectáculo que hibridou poesía e música. Unha oportunidade para poñer cara e son ás autoras dun dos libros cos que traballamos no centro, escrito a dúas mans polas poetas Lucía Aldao e María Lado: “Ninguén morreu de ler poesía” (Edicións Xerais, 2020).

Guiados pola man delas subimos até os tellados e mollamos os pés na praia das gaivotas. Deixamos os cines Equitativa atrás de nós e soubemos que as laranxas gardan o sabor da amizade. Aínda, e de xeito inesperado, obtivemos a licenza para odiar -e mesmo para moito amar- a poesía. 

Confirmamos, tamén, que o alumnado desta casa disfrutou e celebrou a palabra, que se emocionou e riu e que -sen dúbida- forman parte do colectivo dos que aman. 

Actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Rafael Dieste en colaboración coa Área de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e o programa Falamos.

mércores, 15 de novembro de 2023

martes, 14 de novembro de 2023

CONFERENCIA PAIDEIA-CLUB DE CIENCIAS 1ºBAC DE ANATOMÍA APLICADA


 


O luns 13 de noviembro o alumado de 1º de Bacharelato de Anatomía Aplicada, organizados desde o Club de Ciencia escoitamos unha charla de dúas investigadoras de cancro en  Paideia: Marisol Soengas e María Mayán. Estas desenvolvense paralelamente ao congreso de La Asociación Española de Investigación Sobre el Cáncer (ASEICA) do 13 al 17 de novembro. ASEICA 40th ANNIVERSARY CONGRESS



venres, 10 de novembro de 2023

ALUMNADO DE 1ºESO PRACTICAN ESGRIMA


O noso alumnado de 1ºESO tiveron a oportunidade de acercarse a coñecer e practicar esgrima nas clases de Educación Física esta semana.





martes, 7 de novembro de 2023

INTERCAMBIO 2023-24: FINAL DA VISITA A KRONBERG IM TAUNUS

Todos os 42 estudiantes en Victoria Park en Kronberg primeiro día.

Vimos de rematar a nosa estadía de 8 días na viaxe de intercambio a Kronberg im Taunus. Os nosos 20 estudiantes españois coñeceron e conviviron coa súas parellas alemanas disfrutando moito da experiencia e desexando volverse a encontrar na segunda parte cando o alumnado alemán visite A Coruña. Iso será o vindeiro mes de marzo.
Nesta entrada incluímos algunhas fotos de grupo, pero próximamente incluiremos no blog ClickOnEnglish os distintos capítulos da visita día a día. Seguide atentos ás publicacións alí na ligazón inferior.

Os 20 estudiantes españois en Kronberg.


O grupo completo na ponte peatonal Eiserner co skyline de Mainhattan ao fondo.

O grupo completo e profesores diante do concello de Frankfurt en Romerberg.

O resto das publicacións do intercambio 2023 en ClickOnEnglish-Kronberg 2023.

mércores, 1 de novembro de 2023

SAMAIN 2023 NO "RAFAEL DIESTE"

 
Celebrouse un ano mais o Samaín no "Rafael Dieste" cun concurso por aulas. O grupo gañador foi 2ºESO-A. Aquí unha selección de fotografías:











IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores