martes, 28 de abril de 2020

INFORMACIÓN SOBRE A ADAPTACIÓN DAS PROBAS ABAU 2020 POLA CRISE COVID-19





ACTUALIZADO 28-ABRIL CON MODELOS EXAME DA CIUG

Achegamos o documento que explica a adaptación das probas ABAU como consecuencia da situación provocada polo Covid-19. Engadimos a publicación no BOE (23-Abril-2020) que determinan as características, diseño e contido da avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade e tamén a páxina da CIUG con modelos de exames para esta convocatoria.

luns, 27 de abril de 2020

ORIENTACIÓN EDUCATIVA, ALERTA NO CONFINAMENTO


Achegamos esta información en imaxe e ligazóns a páxinas que poden ser de gran utilidade nesta situación anómala que nos toca vivir neste último trimestre do curso 2019-20.
A imaxe superior é unha axenda visual para adolescentes confinados ofrecida polo Colexio Oficial de Psicólogos. Tamén nos remiten unha serie de recomendacións para toda a comunidade educativa, recollida na ligazón seguinte:


Por último, a Fundación Amigó, que colabora dende fai anos co noso instituto, nos remite esta serie de recomendacións para planificar as actividades e xestionar o día a día, manexar as emocións e estados de ánimo para previr e resolver posibles conflictos: 

mércores, 22 de abril de 2020

XORNADAS VIRTUAIS DE PORTAS ABERTAS DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA




Para o alumnado de 2º e 1º de BAC a UDC nun clic!
Como futuros estudantes universitario a Universidade da Coruña anuncia estas Xornadas de Portas Abertas. Como son, que fan e que poden ofrecervos para que se vexan cumpridas as vosas expectativas vitais e profesionais na vosa traxectoria universitaria. Outros anos poideron abrir literalmente as súas portas e manter un contacto estreito e persoal con todos. Nesta ocasión, a COVID-19 obrígan a facelo de forma virtual mais iso non será impedimento para ensinar a UDC con todo o noso agarimo. Achégate!
Benvido/a á Universidade da Coruña!
Benvido/a ao futuro!

É o que propoñen a través das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, na que os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a nosa Universidade e poderedes interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.
Tamén coñeceredes os servizos e unidades que vos van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...
Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que vos ofrecen para o vindeiro curso 2020-2021.
E na aplicación móvil UDC.gal para Android e para IOS
Non é necesaria inscripción previa:
Disporedes de:
  • Videoconferencia en directo de cada titulación
  • Vídeos de Centros Universitarios
  • Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado
Tamén teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guiavos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderedes facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na Universidade.
Teñen un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.

martes, 21 de abril de 2020

TRABALLO-CONTACTO DURANTE O PECHE ESCOLAR POR CLASES


ACTUALIZACIÓN: 
A información que aquí se incluía caducou ao acabar o curso académico 2019-20 ao referírese ao tempo do confinamento entre marzo-xuño 2020.

sábado, 4 de abril de 2020

PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS DE INSCRITOS AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Reclamacións contra a listaxe provisional. Mentres dure a situación derivada da pandemia por Covid-19, será posible presentar a reclamación a esta listaxe a través do correo electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal, con independencia de que con posterioridade se estableza o período de reclamación presencial nos centros de inscrición.
Será imprescindible facer referencia ao número de código de solicitude que figura debaixo do código de barras do resgardo da solicitude de probas de acceso de grao medio. Poderá xuntarse, en formato electrónico, canta documentación complementaria se considere necesaria. Quen presente reclamación por esta vía non precisará realizar ningún trámite posterior no centro de inscrición no prazo que se abra a tal efecto.
As persoas que solicitaron adaptación da proba, e facilitaron un correo electrónico válido na solicitude, recibiran unha comunicación individual da resolución de proba adaptada desde o correo probas.ciclos@edu.xunta.gal nos próximos días. No caso de non recibir a devandita comunicación poderán solicitala no teléfono 881 99 74 08. Para este fin deberán ter a man o resgardo de solicitude xa que lle pode ser requirida información da mesma, incluíndo o código de solicitude que figura debaixo do código de barras.

Ligazón á información:

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2020


Instrucións para a búsqueda de información no documento Para buscar información personalizada no documento poderá seguir estes pasos: 
1º- Seleccionar un modo de búsqueda no documento: 
 Control + F 
 Menú Edición → Buscar 
 Menú Edición → Búsqueda avanzada 
2º- Na caixa de busca, escribir o primeiro apelido, seguido do segundo apelido cando se considere necesario. Tamén se pode buscar por outros parámetros. 
3º- Comprobar que os díxitos que aparecen na columna DNI correspondan, na mesma posición, co seu número de documento oficial de identidade. 
4º- Comprobar que o resto dos datos sexan correctos.

venres, 3 de abril de 2020

APRAZAMENTO DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR

Debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19 resulta necesario aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional prevista para o día 23 de abril.
Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso.



Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Aprazamento da celebración da proba. Convocatoria 2020


Esta información anula a nosa entrada anterior do 27 de marzo.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores