domingo, 27 de setembro de 2020

PLAN ADAPTACIÓN SITUACIÓN COVID-19 E PLAN DE CONTINXENCIA CURSO 2020-21


 

Achegamos ligazón para acceder ao Plan de Adaptación á Situación COVID-19 do IES "Rafael Dieste" para o curso 2020-21 do que foi informado o Consello Escolar o pasado 21 de setembro. Neste documento se especifican todas as adaptacións de espazos, persoal, tarefas e medidas que deben terse en conta ante esta nova situación.

Ligazóns: 

PLAN ADAPTACIÓN SITUACIÓN COVID CURSO 2020-21.

- PLAN DE CONTINXENCIA CURSO 2020-21


xoves, 24 de setembro de 2020

PETICIÓNS DE CAMBIO DE OPTATIVAS, VALIDACIÓNS OU EXENCIÓNS


 Ata o día 1 de outubro, o alumnado pode solicitar cambio de optativas, validacións e exencións  en Administración. Mentres non se resolvan débese continuar na materia en que se está matriculado. 

O venres 2 ou luns 5 de outubro publicarase na ventá de Administración a listaxe de cambios concedidos.

mércores, 23 de setembro de 2020

IMPRESO PARA XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA


Incluimos a ligazón para poder descargar e imprimir o impreso para a xustificación das faltas de asistencia. Neste impreso veñen consignados os distintos posibles motivos da falta e nos casos nos que deberá vir acompañado dun xustificante oficial.

martes, 22 de setembro de 2020

ADEUS AO NOSO AMIGO JOAQUÍN


Lamentamos ter que comunicar a triste noticia do falecemento do noso compañeiro Joaquín Vázquez. Histórico membro da nosa comunidade educativa porque foi o noso conserxe dende o primeiro día que abriu o instituto, donde tamén residía.

Unha forte aperta para a súa familia. DEP

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-2021


 Calendario escolar curso 2020-21. Sinalados os días festivos e vacacións e as datas previstas das avaliacións. A estes hai que engadir dous festivos. Un é o 7 de outubro, que este curso é festivo local na cidade. O segundo é:
DÍA NON LECTIVO ELEXIDO POLO CLAUSTRO: 
MARTES 18 MAIO 2021
ademáis o 19- MARZO é festivo autonómico, ainda que non apareza sinalado no calendario.

luns, 21 de setembro de 2020

IMPORTANTE!! PLAN DE ACOLLIDA DO 'RAFAEL DIESTE'

 


É MOI IMPORTANTE QUE FAMILIAS E ALUMNADO ESTEAN INFORMADOS SOBRE ESTE PLAN.

Nas Instrucións do 30 de xullo 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa establécense as medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas da educación infantil, da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato coa finalidade de facilitar a incorporación do alumnado afectado pola suspensión da actividade lectiva presencial durante o curso 2019/2020. 

Para cumprir coas disposicións legais, o equipo directivo elabora o presente Programa de acollida que se desenvolverá nas dúas primeiras semanas do curso, previa presentación ao Consello Escolar do centro, e onde se recolle a organización de actividades globalizadas e se informa dos aspectos requiridos: 

a) Novas normas de organización e funcionamento do centro. 

b) Actuacións de prevención, hixiene e protección. 

c) Accións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado necesaria para o seu desenvolvemento na modalidade de ensino presencial ou, de ser o caso, non presencial. 

d) Atención aos aspectos emocionais e sociais, mediante a realización de actividades grupais de acollida e cohesión. 

Tras a súa elaboración, o equipo directivo procede á súa presentación no Consello Escolar extraordinario celebrado o día 21 de setembro de 2020.

Aquí tedes a ligazón ao texto completo do PLAN DE ACOLLIDA

Incluimos algúns cadros resume do plan:

1) PORTAS DE ACCESO SEGÚN NIVEIS:



2) Información xeral sobre recreos, uso de espazos, acceso e circulación polo centro:






HORARIOS DAS PRESENTACIÓNS DE GRUPOS CURSO 2020-2021

Seguindo as instruccións da Consellería as presentacións do curso 2020-21 faranse en tres días:
- mércores 23 de setembro: 1º e 2º de ESO e 1º BAC
- xoves 24 de setembro: 3ºESO e 2ºBAC
- venres 25 de setembro: 4ºESO
A distribución do alumnado por grupos estará exposta a partir do luns no taboleiro de secretaría e enviarase a través de Abalar Móbil con esta mesma información.
O alumnado de cada grupo deberá presentarse no exterior da porta que lle corresponde onde estará a titora ou o titor asignado, quen os acompañará a súa aula.
As clases comenzarán con normalidade o mesmo día da presentación, logo de reunión de presentación cos titores.
Debaixo tedes ligazóns a arquivos PDF de:
- este mesmo horario de presentacións
- a distribución de alumnado por grupos con DNI semioculto.







 

luns, 14 de setembro de 2020

CALENDARIO PROBAS ABAU SETEMBRO 2020


 Recordatorio das datas para a realización das probas da ABAU esta semana. para o alumnado de 2ºBAC que tivo que presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro 

mércores, 9 de setembro de 2020

CURSO 20-21: CONFIRMAMOS O MESMO HORARIO DE CLASES


Ante informacións aparecidas en medios de comunicación locais, como a que se inclúe, a Dirección do centro quere desmentir que o IES 'Rafael Dieste' vaia ter clases en turnos de mañá e tarde. Confirmamos que o horario do centro será o mesmo de sempre cun único recreo durante a mañá.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores