Amosando publicacións coa etiqueta Concerto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concerto. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de abril de 2024

Aquí Tamén Se Fala convértese en festival!


Presentouse hoxe en rolda de prensa no IES Plurilingüe Rafael Dieste o cartaz do primeiro festival de música en galego “Aquí Tamén Se Fala”, que se celebrará no venres 7 de xuño a partir das 17:00h na praza da Tolerancia, na Coruña.

O cartaz constitúe o colofón a unha iniciativa cultural sen precedentes na historia da dinamización lingüística do país á que se sumaron máis de 200 centros educativos de todos os niveis de ensino, clubes deportivos profesionais de primeiro nivel, referentes do mundo cultural e máis de 25.000 rapaces traballando de forma activa.

Organizado desde o instituto público coruñés supón un fito histórico pois representa a materialización dun festival de música profesional promovido desde un centro de ensino. Programado pola mocidade e para a mocidade baixo coordinación de Arcadio González e Alberto Pombo, promotores da iniciativa cultural “Aquí tamén se fala galego”.

No acto celebrado na mañá do venres 19 de abril, participaron tamén os representantes institucionais da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, da Deputación e máis do Concello da Coruña, da Xefatura Territorial de Educación e do propio centro educativo, a carón dos organizadores e dos músicos Nuno Pico (Grande Amore) e May (Leria).

O festival gratuíto, aberto a toda a mocidade e cidadanía, queda constituído na súa primeira edición por bandas do máis alto nivel da escena galega: Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, e dá continuidade ao traballo desenvolvido por “Aquí tamén se fala” no campo audiovisual que se divulga nas redes sociais de Instagram, Tiktok e Youtube baixo o cancelo #AquíTaménSeFala.

Gratuíto, monolíngüe en galego, aberto á cidadanía, horizontal e organizado desde un instituto público da Coruña rico e diverso.



xoves, 16 de novembro de 2023

CONCERTO ALDAOLADO: CONFIMADO NINGUÉN MORRE DE ESCOITAR POESÍA





O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Rafael Dieste visitou o Centro Ágora para presenciar un espectáculo que hibridou poesía e música. Unha oportunidade para poñer cara e son ás autoras dun dos libros cos que traballamos no centro, escrito a dúas mans polas poetas Lucía Aldao e María Lado: “Ninguén morreu de ler poesía” (Edicións Xerais, 2020).

Guiados pola man delas subimos até os tellados e mollamos os pés na praia das gaivotas. Deixamos os cines Equitativa atrás de nós e soubemos que as laranxas gardan o sabor da amizade. Aínda, e de xeito inesperado, obtivemos a licenza para odiar -e mesmo para moito amar- a poesía. 

Confirmamos, tamén, que o alumnado desta casa disfrutou e celebrou a palabra, que se emocionou e riu e que -sen dúbida- forman parte do colectivo dos que aman. 

Actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Rafael Dieste en colaboración coa Área de Normalización Lingüística do Concello da Coruña e o programa Falamos.

xoves, 23 de marzo de 2023

xoves, 19 de xaneiro de 2023

martes, 3 de maio de 2022

ASISTIMOS AO MUSICAL "BEETLEJUICE" NO ÁGORA


 O noso alumnado de 3º ,4º ESO e 1º BAC de Música asistiron o pasado xoves ao musical "Beetlejuice" no Ágora. A posta en escea correu a cargo dos alumnado do IES "David Buján" de Cambre.


xoves, 24 de marzo de 2022

CONCERTOS NO PAZO DA ÓPERA PARA ALUMNADO DO "RAFAEL DIESTE"

Alumnado de 3º e 4º da ESO asistiron a sendos concertos no Pazo da Ópera de A Coruña, nunha actividade preparada polo Departamento de Música.
 

luns, 20 de decembro de 2021

CHARLA DE PAULINA CEREMUZYNSKA E AS CANTIGAS MEDIEVAIS


Hoxe tivemos a visita no noso centro de Paulina Ceremuzynska, musicóloga polaca que nos comentou os seus coñecementos sobre a lírica medieval galego-portuguesa nunha conferencia-concerto.
Paulina expresouse nun perfecto galego, que serve tamén para desfacer prexuízos lingüísticos. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega coa colaboración do Departamento de Música e a Biblioteca.
Mais información no blog do ENL do instituto.

luns, 4 de novembro de 2019

O 'RAFAEL DIESTE' NA SEMUA IV: SEMANA DAS MÚSICAS DO AUDIOVISUAL



O Departamento de Música volveu a participar na IV Semana das Músicas do Audiovisual,  un festival organizado pola Academia Galega do Audiovisual co apoio do Concello da Coruña, a Orquesta Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal de Música da Coruña que dá protagonismo ás músicas para cine, televisión e outros medios audiovisuais.

Cos alumnado de Música de 3º ESO estivemos o luns 28 de outubro no Teatro Colón no concerto ofrecido pola Banda Municipal de Música da Coruña, dirixida por David Fiuza,  no que interpretaron músicas de bandas sonoras de obras audiovisuais españolas. Escoitamos músicas compostas por Carmelo Bernaola (as sintonías de Verano Azul e La Clave e das películas Espérame en el cielo, Tormento Pasodoble), Capitán Trueno (Luis Ivars), así como as músicas de dúas cortametraxes do director Hugo de la Riva (El abducido-Una comedia humana e Blondi, el perro de Hitler) e o tema principal de Bienvenido, Mister Marshall.


luns, 28 de xaneiro de 2019

CHARLA CONCERTO CO GRUPO ZËNZAR


O mércores 23 de xaneiro o alumnado de 3° de ESO asistiu a unha charla-concerto do grupo Zënzar.  A actividade tivo lugar no Ágora e foi organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do instituto.


luns, 22 de outubro de 2018

CONCERTOS DA III SEMANA DAS MÚSICA DO AUDIOVISUAL (SEMUA)



Como unhas primeiras actividades preparatorias da nosa Semana Cultural 2019 adicada ao Cine, o alumnado de música de 2º da ESO participan hoxe e mañá na III Semana das Músicas do Audiovisual (SEMUA) que se celebra no Teatro Colón.
O concerto da Banda Municipal de A Coruña, presenta dúas cortometraxes "O XIGANTE" e "VILLA PELUSA" con música de Nani García e Marcos Mato e dúas suites con música de Charles Chaplin e de "O PANTASMA DA ÓPERA" de Andrew Lloyd Webber, que se interpretan acompañadas de imaxes das películas.
A presentación foi a cargo de Nani García, quen falou da importancia da relación de música e a imaxe.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores