sábado, 10 de maio de 2025

Torneo Intercentros de Xadrez do Colexio Obradoiro


Moitos parabéns un ano máis ao noso alumnado polos excelentes resultados acadados no Torneo Intercentros de Xadrez.

O IES Rafael Dieste, como cada ano, participou xunto ao IES Salvador de Madariaga, IES Breamo, IES Fernando Wirtz e o IES Urbano Lugrís no Torneo Intercentros organizado polo Colexio Obradoiro.

Participaron 2 equipos de cada centro nun torneo formato liga, con 70 participantes en total. Ademais celebráronse as tradicionais partidas simultáneas (un contra todos) neste tipo de eventos a cargo do Maestro Internacional Jacobo Caselas.  Este ano, como novidade, foi incluída unha exhibición de Robótica.

No torneo por equipos destacaron do noso instituto os alumnos Daniel Romero con 6 victorias de 6 e Daniel Rey con 5 victorias de 6 así como Bruno Picos que accedeu a apoiarnos a última hora en ausencia doutro xogador, obtendo 3 victorias de 3. Parabéns tamén a Fabián Córdova que gañou 2 partidas de 6 sendo un xogador novel neste tipo de eventos. 

Moitas grazas a todos os xogadores e en xeral ao Club de Xadrez do Dieste coordinado polo profesor Jesús Escariz. Parabéns!

Moitas grazas tamén ao Colexio Obradoiro por organizar este fabuloso e ilusionante evento do que desfrutamos todos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores