O Departamento de Francés do 'Rafael Dieste' dentro da semana da francofonía, invitou a familiares do alumnado que viviran ou fosen dalgún país francófono para que diran unha charla na clase do seu fillo/a ou amigo/a. Comparaban o país francófono con España, contando a súa experiencia e explicando a importancia de estudar idiomas para o seu futuro.
Participaron 3. Dúas nais de 2ºC: Ana, nai de Samuel que falou da súa infancia e xuventude en Suiza. Isabel, nai de Gabriel, que foi cursar estudos de posgrado en Francia. e un amigo da familia de Rocío de 2ºB, Juan, un francés que veu aquí con 14 anos. A experiencia foi moi enriquecedora, superando as expectativas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario