venres, 2 de marzo de 2018

INTERCAMBIO 2018: WILLSTÄTTER GYMNASIUM, NUREMBERG - IES Plurilingue RAFAEL DIESTE, A CORUÑA


Cumprénse este curso once anos da colaboración entre o noso centro educativo e o "Willstätter Gymnasium" de Núremberg, Alemania na realización dun intercambio de estudiantes dos dous centros. Dende entón realizáronse nove edicións do intercambio, e este curso corresponde a décima edición.
Dende o ano 2007 ata o 2014, os intercambios realizáronse anualmente e a partir deste último ano, son bianuais. O intercambio este curso terá lugar durante os meses de marzo e abril. En marzo virá o alumnado alemán e en abril irá a Núremberg o noso alumnado participante.
O alumnado convivirá coas familias correspondentes e aisistirá a algunha actividade escolar en cada un dos institutos e terán preparadas visitas e excursións a lugares de interese da contorna.
Ligazón a fotos de anteriores edicións do intercambio AQUÍ e @ ClickOnEnglish.
Iremos informando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores