mércores, 14 de marzo de 2018

BENVIDA AO ALUMNADO DO INTERCAMBIO-NÚREMBERG 2018 NO CONCELLO DE A CORUÑA



O alumnado alemán do Willstätter Gymnasium de Núremberg xa está entre nós. Chegaron onte á tarde. Hoxe xa realizaron visitas á Domus e o Museo de Belas Artes. Mañá teñen unha excursión a Santiago.
Hoxe pola tarde tiveron a recepción oficial de benvida no Concello de A Coruña donde todo o alumnado participante, as profesoras alemanas Eva Schübel-Vogel e Mirjam Hübner e, por parte do noso centro, o auxiliar de conversa Ben Davidson e o profesor Ramón Neira, foron recibidos polo alcalde Xulio Ferreiro e a concelleira de Xustiza Social e Coidados Silvia Cameán.

Para máis fotos: enlace ao Facebook do Concello.
Versión en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores