O pasado martes 7 de marzo, estivo no instituto para o alumnado de 1º de ESO, Dosi Veiga, coordinador do proxecto Ceos Galegos, falando ao alumnado do Ceo desde o punto de vista cIentífico, cultural e fotográfico.
Ceos Galegos é un proxecto de divulgación e comunicación social.
De ciencia, no sentido amplo da palabra, pois inclúe astronomía, xeoloxía, bioloxía… pero tamén historia, arqueoloxía, literatura. De fotografía, pois artéllase ao redor dunha imaxe fermosa do ceo, ou didáctica, ou curiosa. De cultura, porque o coñecemento científico tamén é cultura. Porque coñecer o noso contorno máis próximo permítenos comprender mellor quen somos e de onde procedemos, proxectándonos cara o futuro. Pero tamén permítenos valorar mellor os ceos doutros lugares, porque podemos aprezar as semellanzas e as diferenzas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario