Este curso tivemos a sorte
de participar no 21 Días co galego e+, un programa da
Secretaría Xeral de Política Lingüística
que busca potenciar o uso da lingua galega entre a mocidade. Os 21
Días co galego e+ celebráronse entre o 24 de xuño
e o 13 de febreiro e, ademais, o pasado 28 de febreiro participamos
nun encontro co resto de centros participantes na Cidade da Cultura
de Santiago de Compostela.
As actividades principais do programa desenroláronse nas aulas de Lingua Galega, para as que o alumnado realizou reflexións sociolingüísticas sobre o seu uso do galego durante os 21 días, así como vídeos ao estilo do programa da TVG Dígocho Eu. Tamén, na materia de Xeografía e Historia, o alumnado elaborou un proxecto audiovisual chamado Viaxamos cara o románico.
Por outra parte, o centro organizou actividades de dinamización diversas, entre elas a elaboración de postais para o IX Encontro Galego de Postcrossing, un xogo de palabras xigante, a creación de frases filosóficas, un photocall e a composición dunha canción, que foi interpretada no encontro do día 28.
Tamén incluimos tres ligazóns a vídeos sobre as actividades de dinamización que se comentan no texto:
Ningún comentario:
Publicar un comentario