O venres 17 de marzo tivemos no IES Rafael Dieste ao profesor investigador do
CSIC no Centro de Biología Molecular Severo Ochoa, Luis Blanco Dávila para darnos
unha charla, “Descubriendo nuevas DNA Polimerasas”, dos seus estudios sobre DNA
Polimerasas, encimas -moléculas- que len e duplican o DNA (molécula do núcleo das
nosas células onde está a información xenética).
Luis Blanco é discípulo de Margarita Salas e xunto con ela e con Antonio Bernad crearon
unha das patentes biotecnolóxicas máis importantes de España.
Na charla que deu no noso instituto e como homenaxe á súa mentora, Luís percorreu a súa traxectoria de investigación sobre DNA polimerasas, deténdose no seus estudios mais actuais sobre un novo sistema de amplificación de DNA, chamado TruePrime, que é capaz de amplificar fragmentos de DNA tumoral que se atopan circulando nos nosos fluidos, e que pode detectarse no que se coñece como biopsias líquidas.
Video-entrevista a Luís Blanco Dávila:
Ningún comentario:
Publicar un comentario