Como todos os anos, chegou o Samaín, e no "Rafael Dieste" celebrámolo decorando o noso patio central e con actividades organizadas por la Biblioteca, como foron os "Contos de Medo". Como podedes ver...
Alba, Paula, Angélica, Roque e Lía, xente de 1º Bacharelato, aficionados a facer teatro sen escenario, adapaton un conto de medo para a rapazada de 2º ESO: bruxa, oso, persecucións entre cabazas e morcegos.
Durante varios recreos, voluntarios de 2º da ESO léronnos contos elaborados por rapaces e rapazas. A luz dos candís e as voces misteriosas puxeron o punto de espanto á actividade.
Moitas grazas a todo o mundo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario