Alumnado de 1º e 2º da ESO sairon á parte exterior das instalacións do instituto para o avistamento da eclipse solar anular que tivo lugar onte xoves 10 de xuño cerca do mediodía.
Unha eclipse solar ocorre cando a Luna pasa entre a Terra e o Sol, escurecendo así total ou parcialmente a imaxe do Sol para un espectador na Terra. Unha eclipse solar anular ocorre cando o diámetro aparente da Lúa é máis pequeno que o Sol, ocultando a maior parte dela e causando que o Sol pareza un anel.
Aquí tedes fotos da actividade organizada polo Departamento de Ciencias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario