Na Biblioteca organizamos unha actividade nova: os Clubes de Encontros. Estes clubes están abertos tanto ao profesorado como ao alumnado, e pódese tomar parte como coordinadores ou como participantes.
A xente que coordina e organiza o club arredor dun tema que lle interese, fai a súa proposta apuntándose no cartel que está na cortiza á dereita da porta da Biblioteca. A temática é libre, o que lle interese a cadaquén.
Xa temos clubes de español, wolof, circuítos eléctricos e linguaxe de signos, coordinados por alumnado, profesorado e mais por Cristina Rubio, a nosa interprete.
Unha vez organizados, cada club reunirase durante un recreo un día á semana (poden ser máis) na biblioteca e terá a duración que decidan as persoas que o integran.
Se vos interesa, apuntádevos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario