xoves, 31 de decembro de 2020
venres, 25 de decembro de 2020
JERUSALEMA CHALLENGE @ IES 'RAFAEL DIESTE' (CORUÑA) + GRANTON MIDDLE & HIGH SCHOOL (WISCONSIN): BO NADAL 2020
xoves, 24 de decembro de 2020
ALUMNADO DO 'RAFAEL DIESTE' PREGUNTAN Á ASTROFÍSICA JOCELYN BELL
Video:
martes, 22 de decembro de 2020
luns, 21 de decembro de 2020
ENTREGA CALIFICACIÓNS PRIMEIRA AVALIACIÓN ALUMNADO ESO E 1ºBAC
mércores, 2 de decembro de 2020
ENTREGA CALIFICACIÓNS PRIMEIRA AVALIACIÓN 2ºBAC
luns, 30 de novembro de 2020
CALENDARIO AVALIACIÓNS 2020-21
2º BAC: LUNS 30 NOVEMBRO.
Entrega boletíns: 2 Decembro
Cursos ESO e 1ºBAC: MÉRCORES 16, XOVES 17 e LUNS 21 DECEMBRO.
Entrega boletíns: 22 Decembro.
2ª AVALIACIÓN
2º BAC: MÉRCORES 3 MARZO.
Entrega boletíns: 3-4 Marzo
Cursos ESO e 1ºBAC: LUNS 22, MÉROCRES 24 e XOVES 25 MARZO.
Entrega boletíns: 26 Marzo
3ª AVALIACIÓN
2º BAC: en función das datas das probas ABAU.
Cursos ESO, 1ºBAC: MERCORES 23, XOVES 24* e 25 XUÑO.
Entrega boletíns: 28 Xuño
Extraordinaria de 2ºBAC: XOVES 24* XUÑO.
*dependendo se é festivo local. Comunicarase calquer variación sobre estas datas.
martes, 17 de novembro de 2020
INSTRUCCIÓNS DISTRIBUCIÓN MASCARILLAS
MES DA CIENCIA EN GALEGO: VIDEOCONFERENCIA CON SONIA VILLAPOL SALGADO
Para celebrar o Mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 4ºESO do noso centro tiveron a oportunidade de realizar unha videoconferencia con Sonia Villapol Salgado investigadora no Texas Medical Center de Houston, Texas, que forma parte do equipo da investigación internacional da COVID-19. Hai que coñecer o virus para poder vencelo e só a ciencia nos rescatará da pandemia. As vacinas son a única ferramenta para unha inmunidade efectiva.
Toda a información sobre esta actividade na ligazón ao blog Laboratorio de Ciencias (Marisa Castiñeira)
xoves, 5 de novembro de 2020
PRESENTACIÓN DAS TITORÍAS CURSO 2020-21
- Martes 17 - 19:00 h: 1º ESO
- Mércores 18
- 19:00 h: 2º ESO
- 19:30 h: 3º ESO e 4ºESO-A
- Xoves 19
- 17:00: 2ºESO-C
- 19:00 h: 4º ESO
- 19:30: 1º e 2º BAC
venres, 30 de outubro de 2020
RECORDATORIO REGULAMENTO COVID
Facemos un recordatorio do protocolo a seguir:
O alumnado non pode saír da aula nos cambios de clase, agás por un cambio de aula por algunha asignatura optativa.
Non se pode ir ao baño sen permiso. Os baños teñen un aforo limitado e non se poden convertir nun punto de encontro. En caso de que, excepcionalemente, se permita ir ao baño ten que ser na hora de clase, sen afectar á seguinte.
Outro aspecto importante son os horarios de entrada e saída. Lémbrase que este curso soan diferentes timbres de entradas e saídas para evitar aglomeracións.
Respectade os turnos de entrada e saída.
ENTRADA:
1º turno de entrada: 8:20 a 8:25: 3º ESO, 1º e 2º bacharelato
8:20 h: soa o primeiro timbre para comezar a entrada de 3º ESO, 1º e 2º bacharelato. O resto do alumnado non debería entrar no recinto exterior ata o seguinte timbre.
2º turno de entrada: 8:25 a 8:30: 1º, 2º e 4º ESO.
8:25 h: segundo timbre de entrada; comeza a entrada de 1º, 2º e 4º ESO, ata as 8:30 h.
O alumnado dos cursos anteriores (S3º, B1º e B2º) que non entrase no seu intervalo, debe esperar fóra do centro ata as 8:30 h, polo que, se chegan á aula despois desa hora deberá constar falta de puntualidade (temos que actuar así porque se están producindo aglomeracións debido a que o alumnado do primeiro turno non respecta o seu horario e debemos evitar que o alumnado entre cando non lle toca).
8:30 h: terceiro timbre de entrada; finaliza a entrada por turnos. Entra o alumnado que chega tarde.
RECREOS: En total todo o alumnado ten 35’ de recreo, dos cales os 5 primeiros ou os 5 últimos son na aula co profesor correspondente.
11:00 h: primeiro timbre de saída ao recreo, exclusivamente para o alumnado de 1º, 2º e 4º de ESO.
Os demais alumnos e alumnas deben permanecer co profesorado na aula e non saen ata que toque o segundo timbre (5 primeiros minutos de recreo na aula co mesmo profesor)
11:05 h: segundo timbre nese momento sae 3ª ESO, 1º e 2º de BAC.
11:30 h: primeiro timbre de entrada do recreo, para o alumnado de 1º, 2º e 4º. O profesorado debe ir con eles ás aulas a esa hora para abrilas.
Teñen 5’ máis de “recreo na aula” co profesor da hora seguinte.
11:35 h: segundo timbre de entrada do recreo, para o alumnado de 3º ESO, 1º e 2º de bacharelato.
SAÍDA:
14:10 h: saída de 3º ESO, 1º e 2º de bacharelato.
É imperativo seguir este horario de xeito estricto para facilitar a circulación do alumnado.
O alumnado debe formar filas por grupos nas cabeceiras indicadas no chan. Cando as filas estean formadas, damos paso ao alumnado por grupos para que fagan unha entrada ordenada, respectando a distancia de seguridade e hixienizando as mans.
Deben respectar os turnos horarios. Se os do primeiro turno chegan no intervalo que non lle corresponde deberán esperar ás 8:30, aínda que xa entrara todo o alumnado do segundo turno. Se permitimos a entrada non os disuadiremos para próximas ocasión.
O alumnado debe sair ordeadamente en fila de un.
Tamén temos que comprobar que o alumnado do segundo turno (3º eso, 1º e 2º de bacharelato) saen despois do segundo timbre (14:10 ou 18:10 pola tarde). Se non fose así, o alumnado deberá voltar á aula.
RECREOS
Cada un ten asignada unha zona. En cada zona só pode haber alumnado dun nivel (cómpre vixiar que non circulen por outras zonas):
Zona lateral da pista: 1º ESO
Zona porta principal: 3º ESO
Zona posterior (detrás do ximnasio): 2º ESO
Zona posterior (detrás de tecnoloxía): 4º ESO
Os bacharelatos poden saír do recinto. Se deciden quedar, os de 2º de BAC poden estar na zona peonil do aparcadoiro e o de 1º no xardín que está baixo a pista.
En caso de inclementcia meteorolóxica, distribuirase deste xeito:
o alumnado de 3º ESO ao ximnasio.
o alumnado de 1º ESO ao patio interior (metade das aulas de 1º). Na outra metade estará o alumnado de 2º.
no 2ª andar, onde deberá permanecer o alumnado de 2º bac.
alumnado 4º, na planta baixa.
o alumnado de 1º bac deberá permanecer no 2º andar
O alumnado de diferentes niveis non pode xuntarse nos recreos, nin fóra da súa zona, o que será motivo de amonestación.
Debemos velar polo mantemento da distancia social, insistindo continuamente na separación entre alumnado. En ningún caso se permite o contacto entre eles.
venres, 2 de outubro de 2020
PLANO DE DISTRIBUCIÓN DE GRUPOS NO CENTRO CURSO 2020-21
xoves, 1 de outubro de 2020
TITORES POR GRUPOS E HORARIOS DE TITORÍAS CURSO 2020-21
1ºA | MERCEDES GARROTE MARTÍN | Mércores 10:10 a 11:00 |
1ºB | FLORENCIO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ | Xoves 9:20 a 10:00 |
1ºC | XOSÉ IGNACIO COMESAÑA AGUILAR | Venres 10:10 a 11:00 |
1ºD | MARISA CASTIÑEIRA GARCÍA | Xoves 10:10 a 11:00 |
1ºE | CARLA BECERRA FERNÁNDEZ | Mércores 10:00 a 11:00 |
2ºA | CARMEN CORDAL RODRÍGUEZ | Martes 12:25 a 13:15 |
2ºB | JORGE VILÁ SAN CLAUDIO | Luns 10:10 a 11:00 |
2ºC | SILVIA RIESGO RAMA | Luns 10:00 a 11:00 |
2ºD | CARMEN PEÑA YÁÑEZ | Venres 10:00 a 11:00 |
2ºE | CARLOS LENS SAN MARTÍN | Xoves 11:35 a 12:25 |
3ºA | MARIÑA FERNÁNDEZ | Venres 12:25 a 13:15 |
3ºB | J.M AGROMAYOR MIRA | Venres 10:10 a 11:00 |
3ºC | BEGOÑA SANTAMARÍA | Mércores 10:00 a 11:00 |
3ºD | DORES CASTRO VILAR | Xoves 10:10 a 11:00 |
4ºA | NORMA FARIÑA COUSELO | Martes 12:25 a 13:15 |
4ºB | FRANCISCO ESCOLANTE MUJICO | Luns 9:20 a 10:10 |
4ºC | INMACULADA MATO MARTÍNEZ | Luns 11:35 a 12:25 |
4ºD | MARÍA LEMA MUIÑO | Xoves 12:25 a 13:15 |
4ºE | CRISTINA ÁLVAREZ LÓPEZ | Venres 10:10 a 11:00 |
1ºBAC.A | AIDA ANIEROS XULIA GALLEGO | Xoves 10:10 a 11:00 Luns 12:25 a 13:15 |
1ºBAC.B | BEGOÑA FANDIÑO CAROLINA MUIÑO | Luns 11:35 a 12:25 Xoves 11:35 a 12:25 |
1ºBAC.C | SUSANA CARNEIRO | Xoves 11:35 a 12:25 |
1ºBAC.D | CARLOS BLANCO DAVILA | Xoves 9:20 a 10:10 |
2ºBAC.A | RAMÓN NEIRA TENREIRO | Martes 11:35 a 12:25 |
2ºBAC.B | ELOI RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ | Xoves 9:20 a 10:10 |
2ºBAC.C | BEATRIZ CUESTA GARCÍA | Martes 12:25 a 13:15 |
2ºBAC.D | MAR NOCHE DOMEC | Xoves 11:35 a 12:25 |
BRAVO DÍAZ, SANTIAGO - Mércores 12:25-13:15
CUIÑAS GARCÍA, ANA BEATRIZ - Luns 10:10-11:00
DE CAL CORTINA, MATILDE - Xoves 11:35-12:25
DIAZ BOCELO, LAURA - Venres 10:10-11:00
FANDIÑO LÓPEZ, Mª BEGOÑA - Mércores 12:30-13:20
FRAGA LÓPEZ, HILDA - Luns 10:10-11:00
GARCÍA ÁLVAREZ, RUTH - Venres 11:35-12:25
GARCÍA ESTÉVEZ, PEDRO - Luns 9:20-10:10
GESTAL MUIÑO, SANDRO - Mércores 10:10-11:00
GÓMEZ BAÑO, AMARA - Martes 10:10-11:00
LÓPEZ-SUEVOS HERNÁNDEZ, BEATRIZ - Luns 10:10-11:00
LOZANO PRIETO, ÁNGEL - Mércores 11:35-12:25
MÉNDEZ MUÑOZ, BELÉN - Venres 10:10-11:00
OGANDO LÓPEZ, LETICIA - Venres 10:10-11:00
PENA LEIRA, Mª CARMEN - Mércores 11:35-12:25
PÉREZ TORRES, LOURDES - Mércores 11:35-12:25
RÍOS LAURA - Venres 9:20-10:10
SANTOS LEDO, MANUEL - Luns 11:35-12:25
SEARA FERNÁNDEZ, Mª MAR - Mércores 11:35-12:25
SEBASTIÁN CALZADA, BLANCA - Mércores 11:35-12:25
TORRES COLLAZO, MANUEL - Venres 9:20-10:10
TRILLO BLANCO, Purificación - Martes 10:10-11:00
VILA GONZÁLEZ, JOSÉ MANUEL - Martes 11:35-12:25
domingo, 27 de setembro de 2020
PLAN ADAPTACIÓN SITUACIÓN COVID-19 E PLAN DE CONTINXENCIA CURSO 2020-21
Achegamos ligazón para acceder ao Plan de Adaptación á Situación COVID-19 do IES "Rafael Dieste" para o curso 2020-21 do que foi informado o Consello Escolar o pasado 21 de setembro. Neste documento se especifican todas as adaptacións de espazos, persoal, tarefas e medidas que deben terse en conta ante esta nova situación.
Ligazóns:
- PLAN ADAPTACIÓN SITUACIÓN COVID CURSO 2020-21.
- PLAN DE CONTINXENCIA CURSO 2020-21
xoves, 24 de setembro de 2020
PETICIÓNS DE CAMBIO DE OPTATIVAS, VALIDACIÓNS OU EXENCIÓNS
O venres 2 ou luns 5 de outubro publicarase na ventá de Administración a listaxe de cambios concedidos.
mércores, 23 de setembro de 2020
IMPRESO PARA XUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA
martes, 22 de setembro de 2020
ADEUS AO NOSO AMIGO JOAQUÍN

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020-2021
luns, 21 de setembro de 2020
IMPORTANTE!! PLAN DE ACOLLIDA DO 'RAFAEL DIESTE'
Nas Instrucións do 30 de xullo 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa establécense as medidas educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/2021 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas da educación infantil, da educación primaria, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato coa finalidade de facilitar a incorporación do alumnado afectado pola suspensión da actividade lectiva presencial durante o curso 2019/2020.
Para cumprir coas disposicións legais, o equipo directivo elabora o presente Programa de acollida que se desenvolverá nas dúas primeiras semanas do curso, previa presentación ao Consello Escolar do centro, e onde se recolle a organización de actividades globalizadas e se informa dos aspectos requiridos:
a) Novas normas de organización e funcionamento do centro.
b) Actuacións de prevención, hixiene e protección.
c) Accións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado necesaria para o seu desenvolvemento na modalidade de ensino presencial ou, de ser o caso, non presencial.
d) Atención aos aspectos emocionais e sociais, mediante a realización de actividades grupais de acollida e cohesión.
Tras a súa elaboración, o equipo directivo procede á súa presentación no Consello Escolar extraordinario celebrado o día 21 de setembro de 2020.
Aquí tedes a ligazón ao texto completo do PLAN DE ACOLLIDA
Incluimos algúns cadros resume do plan:
1) PORTAS DE ACCESO SEGÚN NIVEIS:
2) Información xeral sobre recreos, uso de espazos, acceso e circulación polo centro:
HORARIOS DAS PRESENTACIÓNS DE GRUPOS CURSO 2020-2021
luns, 14 de setembro de 2020
CALENDARIO PROBAS ABAU SETEMBRO 2020
venres, 11 de setembro de 2020
mércores, 9 de setembro de 2020
CURSO 20-21: CONFIRMAMOS O MESMO HORARIO DE CLASES
venres, 31 de xullo de 2020
A NOSA ALUMNA RAQUEL TORRES DÍAZ, UNHA DAS 10 MELLORES CALIFICACIÓNS NAS ABAU 2020 DA CIDADE
venres, 24 de xullo de 2020
venres, 10 de xullo de 2020
AVISO ALUMNADO CULTURA CLÁSICA 3ºESO PARA SETEMBRO 2020
martes, 30 de xuño de 2020
CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2020
venres, 26 de xuño de 2020
AVISO DEPARTAMENTO DEBUXO SETEMBRO 2020
xoves, 25 de xuño de 2020
PLAN PROXECTA CIDADANÍA DIXITAL
Video: