Amosando publicacións coa etiqueta Abr-Xuñ20. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Abr-Xuñ20. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de xuño de 2020

PLAN PROXECTA CIDADANÍA DIXITAL



Cidadanía Dixital é unha iniciativa para contribuír á educación mediática e dixital da comunidade educativa e, por extensión, de toda a cidadanía. O noso instituto desenvolveu este proxecto ao longo deste curso 2019-20 dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,  dirixido a fomentar a innovación educativa nos centros.
Os departamentos de Lingua Galega e Música colaboraron para desenvolver este traballo integrado na aula e propoñendo estratexias, persoais e colectivas, para xestionar un uso consciente, responsable e transformador da tecnoloxía dixital.
O obxectivo deste Plan Proxecta de Cidadanía Dixital é que é que os propios alumnos tomen conciencia do seu papel ante a tecnoloxía e se convertan en prescritores para outros compañeiros.
Despois do visionado do documental Super Size Me, comparamos os nutrientes da comida lixo (graxa, azúcar e sal) cos “nutrientes” das redes sociais: auto-promoción, popularidade e éxito. Formulamos un decálogo de onde vemos mentiras ou manipulación nas redes. Estes decálogos foron feitos por cada grupo de alumnos de 4º ESO D e presentados nos grupos de 1º ESO e nunha clase de 2° en horas de clase de galego no segundo trimestre, entre xaneiro e febrero. 

O que vemos neste vídeo é un ensaio previo á exposición, unha dramatización do que supón compartir tod@s a comida e o espazo e o ben comúns e o que supón acaparar os alimentos como metáfora do acaparamento e beneficio privado nas redes sociais.

Video:

venres, 19 de xuño de 2020

ESCRITORES QUE VISITARON O 'RAFAEL DIESTE' NO CURSO 2019-20

José Ovejero
Paloma González Rubio
Fernando Lalana
Marisol Ortiz de Zárate

No día que rematamos o curso e ante a falta de moitas actividades, (ainda que durante a cuarentena tamén tivemos algunha de forma virtual) recopilamos todos os escritores que nos visitaron ao longo deste curso. Actividades todas elas organizadas pola nosa biblioteca en conxunto cos departamentos de lingua castelá e galega. Así recibimos a: Antía Yáñez, Marisol Ortiz de Zárate, Fernando Lalana, Paloma González Rubio, Alfredo G. Cerdá, José Ovejero,  Xurxo Souto ademáis da homenaxe que lle fixemos a Pilar Pallarés da que xa informamos aquí.

Con Antía Yáñez (arriba) e Xurxo Souto (abaixo) o alumnado de 2ºBAC e 1ºBAC respectivamente realizaron uns roteiros literario-culturais pola nosa cidade.



venres, 8 de maio de 2020

CONFERENCIA ONLINE DE CASTO RIVADULLA


Seguimos a celebrar conferencias ainda no confinamento. Hoxe temos una conferencia por internet de Casto Rivadulla "Estás seguro do que ves?" para o alumnado de Bacharelato. Hoxe ás 12:30 pola rede.

Ampliamos e actualizamos información:

O venres 8 de maio tivemos a Casto Rivadulla en conferencia on line para os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 2º de bacharelato IES Purilingüe Rafael Dieste.

Casto Rivadulla é profesor de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Investigador en Neurociencia. Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, becario Fullbright no Massachussets Institute of Technology, actualmente membro do grupo de investigación NEUROCOM

A conferencia titulouse: Estás seguro do que ves? Foi unha explicación dalgúns aspectos do funcionamento dos sentidos, a través das imaxes e as ilusións.



Tamén falounos como os magos e ilusionistas, tamén artistas, utilizan e dominan a percepción humana, facendonos ver ou non ver aquelo que eles queren.
Rematou a conferencia cos dous consellos que salientábeis para manter en boa forma ao noso cerebro; facer exercicio físico e sobre todo durmir ben (polo menos de seguido 8 horas)
Casto Rivadulla presentou un libro o  ano pasado; A que cheiran as cores?, onde responde a cuestións curiosa mentres nos explica, dun xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro. Estaremos a espera de que veña a firmalo a o noso instituto.

luns, 27 de abril de 2020

ORIENTACIÓN EDUCATIVA, ALERTA NO CONFINAMENTO


Achegamos esta información en imaxe e ligazóns a páxinas que poden ser de gran utilidade nesta situación anómala que nos toca vivir neste último trimestre do curso 2019-20.
A imaxe superior é unha axenda visual para adolescentes confinados ofrecida polo Colexio Oficial de Psicólogos. Tamén nos remiten unha serie de recomendacións para toda a comunidade educativa, recollida na ligazón seguinte:


Por último, a Fundación Amigó, que colabora dende fai anos co noso instituto, nos remite esta serie de recomendacións para planificar as actividades e xestionar o día a día, manexar as emocións e estados de ánimo para previr e resolver posibles conflictos: 

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores