Facemos un recordatorio do protocolo a seguir:
O alumnado non pode saír da aula nos cambios de clase, agás por un cambio de aula por algunha asignatura optativa.
Non se pode ir ao baño sen permiso. Os baños teñen un aforo limitado e non se poden convertir nun punto de encontro. En caso de que, excepcionalemente, se permita ir ao baño ten que ser na hora de clase, sen afectar á seguinte.
Outro aspecto importante son os horarios de entrada e saída. Lémbrase que este curso soan diferentes timbres de entradas e saídas para evitar aglomeracións.
Respectade os turnos de entrada e saída.
ENTRADA:
1º turno de entrada: 8:20 a 8:25: 3º ESO, 1º e 2º bacharelato
8:20 h: soa o primeiro timbre para comezar a entrada de 3º ESO, 1º e 2º bacharelato. O resto do alumnado non debería entrar no recinto exterior ata o seguinte timbre.
2º turno de entrada: 8:25 a 8:30: 1º, 2º e 4º ESO.
8:25 h: segundo timbre de entrada; comeza a entrada de 1º, 2º e 4º ESO, ata as 8:30 h.
O alumnado dos cursos anteriores (S3º, B1º e B2º) que non entrase no seu intervalo, debe esperar fóra do centro ata as 8:30 h, polo que, se chegan á aula despois desa hora deberá constar falta de puntualidade (temos que actuar así porque se están producindo aglomeracións debido a que o alumnado do primeiro turno non respecta o seu horario e debemos evitar que o alumnado entre cando non lle toca).
8:30 h: terceiro timbre de entrada; finaliza a entrada por turnos. Entra o alumnado que chega tarde.
RECREOS: En total todo o alumnado ten 35’ de recreo, dos cales os 5 primeiros ou os 5 últimos son na aula co profesor correspondente.
11:00 h: primeiro timbre de saída ao recreo, exclusivamente para o alumnado de 1º, 2º e 4º de ESO.
Os demais alumnos e alumnas deben permanecer co profesorado na aula e non saen ata que toque o segundo timbre (5 primeiros minutos de recreo na aula co mesmo profesor)
11:05 h: segundo timbre nese momento sae 3ª ESO, 1º e 2º de BAC.
11:30 h: primeiro timbre de entrada do recreo, para o alumnado de 1º, 2º e 4º. O profesorado debe ir con eles ás aulas a esa hora para abrilas.
Teñen 5’ máis de “recreo na aula” co profesor da hora seguinte.
11:35 h: segundo timbre de entrada do recreo, para o alumnado de 3º ESO, 1º e 2º de bacharelato.
SAÍDA:
14:10 h: saída de 3º ESO, 1º e 2º de bacharelato.
É imperativo seguir este horario de xeito estricto para facilitar a circulación do alumnado.
O alumnado debe formar filas por grupos nas cabeceiras indicadas no chan. Cando as filas estean formadas, damos paso ao alumnado por grupos para que fagan unha entrada ordenada, respectando a distancia de seguridade e hixienizando as mans.
Deben respectar os turnos horarios. Se os do primeiro turno chegan no intervalo que non lle corresponde deberán esperar ás 8:30, aínda que xa entrara todo o alumnado do segundo turno. Se permitimos a entrada non os disuadiremos para próximas ocasión.
O alumnado debe sair ordeadamente en fila de un.
Tamén temos que comprobar que o alumnado do segundo turno (3º eso, 1º e 2º de bacharelato) saen despois do segundo timbre (14:10 ou 18:10 pola tarde). Se non fose así, o alumnado deberá voltar á aula.
RECREOS
Cada un ten asignada unha zona. En cada zona só pode haber alumnado dun nivel (cómpre vixiar que non circulen por outras zonas):
Zona lateral da pista: 1º ESO
Zona porta principal: 3º ESO
Zona posterior (detrás do ximnasio): 2º ESO
Zona posterior (detrás de tecnoloxía): 4º ESO
Os bacharelatos poden saír do recinto. Se deciden quedar, os de 2º de BAC poden estar na zona peonil do aparcadoiro e o de 1º no xardín que está baixo a pista.
En caso de inclementcia meteorolóxica, distribuirase deste xeito:
o alumnado de 3º ESO ao ximnasio.
o alumnado de 1º ESO ao patio interior (metade das aulas de 1º). Na outra metade estará o alumnado de 2º.
no 2ª andar, onde deberá permanecer o alumnado de 2º bac.
alumnado 4º, na planta baixa.
o alumnado de 1º bac deberá permanecer no 2º andar
O alumnado de diferentes niveis non pode xuntarse nos recreos, nin fóra da súa zona, o que será motivo de amonestación.
Debemos velar polo mantemento da distancia social, insistindo continuamente na separación entre alumnado. En ningún caso se permite o contacto entre eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario