Hoxe xoves 19 de abril rematou o Intercambio 2018 NÚREMBERG-CORUÑA. As 13 alumnas e 3 alumnos do 'Rafael Dieste' e os profesores chegaron de volta tras a súa estadía de 10 días en Núremberg e arredores. Esta é unha recopilación de fotos do grupo.
As fotos superiores e a inferior mostran o grupo de estudiantes españois no seu primeiro día de xira pola cidade vella de Núremberg. Arriba diante do castelo de Núremberg e abaixo ante o monumento a Albrecht Dürer.
As seguintes fotos mostran o grupo na entrada do instituto Willstätter e na cena de recepción coas familias alemás o mércores 11 de abril.
A seguinte foto é do grupo completo dos estudiantes alemáns e españois durante a primeira excursión de día completo a Bamberg, o xoves 12.
Estas dúas fotos seguintes mostran o grupo español no Dokuzentrum dos Nazis e o Campo de Zeppelin de Núremberg, o venres 13.
E a foto de abaixo é de novo do grupo completo no segundo día de excursión, esta vez a Múnich.
E a derradeira foto de grupo foi tomada o último día diante da Albrecht Dürer Haus (a Casa Museo de Alberto Durero)
Versión en inglés @ ClickOnEnglish e toda a información do intercambio 2018 en inglés AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario