Atenas vista dende a Acrópole
Vista nocturna da Acrópole
Aproveitando os días festivos do Entroido, os Departamentos de Grego e Latín do IES Plurilingüe "Rafael Dieste" en colaboración con outros centros escolares da cidade, organizan unha viaxe cultural a Grecia, visitando os seus lugares de interés histórico. Actualizamos esta entrada con fotos enviadas polos participantes na viaxe.
Epidauro
As Cariátides orixinais no museo da Acrópole
Porta dos Leóns en Micenas
O grupo na Igrexia Bizantina de Atenas
Filipeion (Olimpia)
No museo de Epidauro
O grupo cenando en Atenas
ACTUALIZACIÓN
PARABÉNS AOS NOSOS MOZOS A FAVOR DA IGUALDADE!
Queremos deixar constancia dun xesto de solidariedade dos mozos que veñen de estar en Grecia, cara ás súas compañeiras de viaxe, no momento da súa visita ao Mosteiro de Meteora. A protesta surxiu ao obrigalas a poñer unha falda enriba da roupa que levaban posta para poder entrar no mosteiro. Eles solidarizáronse poñéndose unha falda tamén. Fixeronllas quitar, pero temos a foto como xesto simbólico a favor da igualdade das súas compañeiras.
Os nosos mozos "con faldas" en Meteora solidarizándose coas súas compañeiras de viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario