xoves, 19 de abril de 2018

DE VOLTA DE NÚREMBERG


Hoxe xoves 19 de abril rematou o Intercambio 2018 NÚREMBERG-CORUÑA. As 13 alumnas e 3 alumnos do 'Rafael Dieste' e os profesores chegaron de volta tras a súa estadía de 10 días en Núremberg e arredores. Esta é unha recopilación de fotos do grupo.
As fotos superiores e a inferior mostran o grupo de estudiantes españois no seu primeiro día de xira pola cidade vella de Núremberg. Arriba diante do castelo de Núremberg e abaixo ante o monumento a Albrecht Dürer.


As seguintes fotos mostran o grupo na entrada do instituto Willstätter e na cena de recepción coas familias alemás o mércores 11 de abril.


A seguinte foto é do grupo completo dos estudiantes alemáns e españois durante a primeira excursión de día completo a Bamberg, o xoves 12.



Estas dúas fotos seguintes mostran o grupo español no Dokuzentrum dos Nazis e o Campo de Zeppelin de Núremberg, o venres 13.


E a foto de abaixo é de novo do grupo completo no segundo día de excursión, esta vez a Múnich.


E a derradeira foto de grupo foi tomada o último día diante da Albrecht Dürer Haus (a Casa Museo de Alberto Durero)



Versión en inglés @ ClickOnEnglish e toda a información do intercambio 2018 en inglés AQUÍ.

luns, 9 de abril de 2018

AVISO IMPORTANTE DA CIUG: INSTRUCCIÓNS PARA AS PROBAS ABAU 2018 E NOVAS PONDERACIÓNS


Nas ligazóns adxuntas tedes acceso á circular coas instruccións xerais das probas de acceso á universidade Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade 2018 e as novas ponderacións das asignaturas. 
As instruccións se refiren a:

- PRESENTACIÓN DO ALUMNADO AOS EXAMES.
- ERROS NA MATRÍCULA.
- REALIZACIÓN DOS EXAMES.
- MATERIAL ESPECÍFICO PERMITIDO: Diccionarios de Latín e Grego, calculadoras.
- MATERIAL NON PERMITIDO: Dispositivos electrónicos.
- COPIA E SANCIÓNS.

mércores, 4 de abril de 2018

IX SEMANA CULTURAL 2018 NO IES "RAFAEL DIESTE": GASTRONOMÍA


Como todos os cursos no terceiro trimestre, o noso instituto sempre celebra unha Semana Cultural, organizada pola Biblioteca do centro en colaboración cos Departamentos didácticos. 
Este curso será a nosa IX Semana Cultural 2018 adicado á "GASTRONOMÍA". A vindeira semana do 9 ao 13 de abril, todo o instituto volcarase en actividades e exposicións sobre o tema.
Toda a información aparecerá en ArquivosDoTrasno-Gastronomía.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores