Amosando publicacións coa etiqueta Gastronomía18. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gastronomía18. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de abril de 2018

IX SEMANA CULTURAL 2018 NO IES "RAFAEL DIESTE": GASTRONOMÍA


Como todos os cursos no terceiro trimestre, o noso instituto sempre celebra unha Semana Cultural, organizada pola Biblioteca do centro en colaboración cos Departamentos didácticos. 
Este curso será a nosa IX Semana Cultural 2018 adicado á "GASTRONOMÍA". A vindeira semana do 9 ao 13 de abril, todo o instituto volcarase en actividades e exposicións sobre o tema.
Toda a información aparecerá en ArquivosDoTrasno-Gastronomía.

mércores, 29 de novembro de 2017

CHARLA "HÉROES E VILÁNS DA ALIMENTACIÓN"


Hoxe mércores 29 de novembro, o alumnado de Bacharelato e 3ºESO asisten á charla "HEROES E VILÁNS DA ALIMENTACIÓN" por Deborah García Bello. Esta licenciada en química e divulgadora científica falou sobre distintas variedades de productos alimenticios: os sen lactosa ou gluten, os aditivos, o aceite de palma, as bebidas gaseosas e as alcólicas... entre outras moitos aspectos que afectan á nosa alimentación.
Organizado polo Departamento de Bioloxía, incluímola como unha primeira actividade de inicio e avance da Semana Cultural 2018 adicada á Gastronomía.

Para máis información sobre Deborah, a charla e as opinións do alumnado AQUÍ.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores