Ao longo da semana pasada tiveron lugar as xornadas de formación de radio na escola para alumnado da ESO e profesorado. Durante 4 días algúns grupos de alumnado da ESO e os seus profesores e profesoras aprenderon como se fai un programa de radio escolar e como podemos utilizalo para traballar nas distintas materias, na biblioteca, mediación etc..
A formación estivo impartida por Lucia Rodriguez, da asociación AGARESO (Asociación galega de reporteros solidarios). Estes cursos son unha iniciativa da de Biblioteca do Instituto.
A actividade tamén tivo difusión na prensa local:
Comunicación social a través das ondas
Os centros Rafael Dieste e Zalaeta levan a cabo distintas actividades nas que exploran temas sociais en formato radiofónico
[Foto e ligazón ao artigo en "La Opinión A Coruña"]
Podedes escoitar os programas nesta ligazón: Programas de RadioFiestra
Ningún comentario:
Publicar un comentario