O Dr. Lluís
Montoliu é xenetista e biotecnólogo, investigador en enfermidades raras, como
albinismo, a través do uso de modelos animais editados xeneticamente con
ferramentas CRISPR,
do que é pioneiro no noso país, ferramentas posibles grazas aos descubrimentos
en bacterias da salina de Santa Pola por un microbiólogo da Universidade de
Alacante; Francisco Martínez Mojica.
Lluís
Montoliu (Barcelona
1963) é licenciado (1986) e doutor (1990) en Bioloxía pola Universidade de
Barcelona. Actualmente é investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB-CSIC) en Madrid. desde 1997. En 2007 foi nomeado científico titular no Centro Biomédico Español, Centro de Investigación de Redes en Enfermidades Raras (CIBERER).
Máis info @ blogue "Laboratorio de Ciencias".
Máis info @ blogue "Laboratorio de Ciencias".
Hoxe recibimos no noso centro a visita do xenetista, biotecnólogo e investigador Lluís Montoliu quen impartíu a conferencia "Editando xenes" para o alumnado de ciencias de 4ºESO e 1ºBAC. Arriba as fotos durante e despois da conferencia. Ademáis, Lluís dedicou para a nosa biblioteca un dos seus libros. Nesta foto da esquerda aparece coa profesora do Departamento de Ciencias, Marisa Castiñeira, diante da vitrina "Encontros do IES" da nosa biblioteca donde se atopa o seu libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario