Estes días celebráronse unhas xoranadas medievais desfrutando dos xogos que fixo o alumnado de Xeografía e Historia de 2ºESO coa profesora da asignatura Isabel González. Previamente, o alumnado deste nivel realizara unha excursión ata o Castelo de Moeche. Para repasar o estudiado nas aulas, este mesmo alumnado elaborou xogos medievais. Son reinterpretacións de xogos de mesa de toda a vida pero en versión medieval. Xogamos na biblioteca, con algo de ambientación.
Nas última fotos superiores a profesora Isabel González e profesores do equipo de biblioteca (Beatriz Cuetsa, Ramón Barreiro e Arcadio González) caracterizados para a ocasión.
Tamén engadimos o telexornal do medievo elaborado polo alumnado de 2ºESO:
Ningún comentario:
Publicar un comentario