E tamén en "LA VOZ DE GALICIA":
Na campaña #aquítaménsefala toca ir facendo agradecementos...
Hoxe volveunos visitar un xornalista de "La Voz de Galicia" para entrevistar a catro rapazas envolvidas no proxecto e que falaron en nome dos seus compañeiros e compañeiras: Juliana, Sofía, Carmen e Carla (foto superior e video da entrevista ao final desta entrada).
Esta visita que nos fixo hoxe Jorge Noya, súmase entón ás de:
- Laura Mateo (Quincemil - El Español),
- Ubaldo Cerqueiro (Xornal da Coruña),
- Kiko Novoa, Silvia Pereira e Yolanda López (Radio Galega),
- Gema Malvido e Víctor Echave (La Opinión de A Coruña),
- Olga Suárez (La Voz de Galicia),
- Luis Manuel Iglesias (Cadena SER),
- Bernardo Penabade (Proxecto Neo / Radio Burela / Radio Piratona / Cuac FM),
- Senlheire (Galicia Livre)
e as persoas que o recolleron noutros espazos: Observatorio da Lingua Galega, Consello da Cultura Galega, etc...
A todos e todas, obrigado pola acollida e esta difusión nos medios.
E o momento tamén de recoñecer o esforzo da rapazada, e o enorme traballo de dinamización que desesnvolveron cada un e cada unha deles. Porque levaron adiante a maior campaña de dinamización da lingua feita por rapaces. A maior feita polos propios veciños e veciñas dos barrios. E poden ter orgullo por teren realizado unha acción tan nobre! (Mais de 500 establecementos participan).
Xa ninguén poderá cuestionalo: AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario