martes, 31 de maio de 2022

DESPEDÍNDONOS DE KAYLEIGH

Hoxe é o último día lectivo da nosa auxiliar de conversa KAYLEIGH VANTASSEL. A lectora americana que nos acompañou estes dous últimos cursos 2020-21 e 2021-22.
Como colofón á súa estadía organizou a actividade de "HOMECOMING" que tantas satisfaccións e diversión trouxo a semana pasada.
Dende aquí, so queremos agradecerlle o seu traballo, o seu esforzo, a súa vitalidade, amabilidade. Desexarlle todo e mellor na súa vida e que a botaremos de menos, aínda que xa sabe donde quedamos.

Kayliegh, we just want to thank you for your hard work, your efforts, your vitality and kindness. We wish you all the best in your life and we'll certainly miss you, though you know where we are.





 

luns, 30 de maio de 2022

VIDEOS DO "HOMECOMING"

 

Como xa prometimos, mostrámosvos algúns dos videos dos talentos presentados a pasada semana durante a actividade de "Homecoming".
Son unha mostra dos gravados en horizontal, pode ser que actualicemos con algún video mais.

venres, 27 de maio de 2022

...AND THE WINNERS OF THE "RAFAEL DIESTE HOMECOMING" ARE...

Foto: Equipo 4ºESO-A

  Contamos todos as puntaucións acadadas polos distintos equipos de clases e os resultados son os seguintes:

WINNERS OF THE "RAFAEL DIESTE HOMECOMING":

1º: 4ºESO-A "KURT COBAIN" - MAMMOTHS - RED & BLACK 

2º: 4ºESO-B "FREDDIE MERCURY" - PANTHERS - GREEN & BLACK

3º: 3ºESO-C "ISAAC NEWTON" - WOLVES - GREY & BLACK

4º: 2ºESO-D "SHAKIRA" - SIBERIAN TIGERS - PURPLE & WHITE

 Tamén teñen mención e premio especial ás mllores representantes de clases para EMMA STERJO e JOHANA OSAYANDE from 2ºESO-C.

E queremos agradecer moi especialmente a SARAY VARELA (4ºA) e KAMILLE PRAINHA (4ºB) por todo o seu traballo na preparación das actividades e na axuda prestada durante.

O vindeiro martes no recreo daranse os premios aos equipos gañadores.

Video 4ºA: Talent show - Natación sincronizada:

xoves, 26 de maio de 2022

O NOSO "HOMECOMING" EN IMAXES


 (Photo Kayleigh, xunto coa xefa de departmento de inglés Hilda Fraga).

Pois o fixemos, celebramos o noso propio "HOMECOMING" e a verdadeira organizadora de todo o evento for Kayleigh Vantassel, a nosa lectora americana destes dous últimos cursos quen pensou que era unha boa idea montalo no noso centro. Kayleigh puxo neste proxecto unha gran cantidade de traballo duro, pero seguro que todos recordaremos esta experiencia por moito tempo. Tamén implicou moita colaboración por parte de toda a comunidade escolar:  alumnado e profesorado
O alumnado participou nas diferentes actividades do noso particular "HOMECOMING", como xa explicamos na entrada anterior.

- PARTIDOS DE BALONCESTO:


- TALENT SHOW.



- TRIVIA QUIZ.




- XIMKHANA 






O alumnado participou como grupos de clases, cada un co seu nome, dous colores, unha mascota e unha canción que os representaba. Cada grupo tiña un/ha profesor/a e dous alumn@s líderes para coordinar. Neste momento están a ver os resultados para ver que equipo gañou.
Pero non esqueceremos o ben que o pasamos tod@s esta mañá...
...alumnado,...



...e profesorado...







Un agardecemento MOI ESPECIAL Kayleigh por todo o seu traballo e outro extendido a tod@s os que participaron nun día tan estupendo!

- Version en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.


RAFAEL DIESTE'S HOMECOMING


 "HOMECOMING" é unha tradición anual nos Estados Unidos en institutos e facultades que se xuntan para recibir de novo aos membros da comunidade. Constrúese arredor dun evento central, a maioría das veces, un evento deportivo. Cando se celebran nas escolas, as actividades varían moito. Non obstante, adoitan consistir en actividades fomentando a sana competición e sentido de pertenza á colectividade.
Pois este ano, ímolo celebrar tamén no "Rafael Dieste", organizada pola nosa lectora americana destes dous últimos cursos, Kayleigh Vantassel, xunto con toda a comunidade educativa. Hoxe todo o alumnado da ESO participará nas distintas actividades do noso particular "HOMECOMING" que enfrentará aos diferentes grupos de clases entre sí nas seguintes actividades:

1- PARTIDOS DE BALONCESTO
2- TALENT-SHOW, mostra de diferentes talentos do alumnado de cada grupo
3- TRIVIA QUIZ, resposta a preguntas xerais nun concurso
4- XIMKANA de actividades

Valórase non só as victorias e acertos en cada unha das distintas actividades, senon tamén aspectos de relación social entre todos. Cremos que unha actividade moi beneficiosa para toda a comunidade, especialmente tras a época que vimos todos de vivir.
O alumnado participa como grupos de clases, que teñen un nome, uns colores , unha mascota, e unha canción de grupo que os representa:

1ºA Fernando Alonso High SchooBlue and PinkRoadrunners
1ºB Will Smith High SchoolBlack and OrangePlatypi
1ºC Diego Maradona High SchoolRed and YellowGoats
1ºD Rafa Nadal High SchoolPurple and YellowMonkey
2ºA Cristina Ortiz Rodriguez High SchoolBlue and WhiteSnakes
2ºB Stephen Curry High SchoolBlack and PurpleEagles
2ºC Marie Curie High SchoolGreen and WhiteLions
2ºD Shakira High SchoolPurple and White(Siberan) Tigers
2ºE Michael Jordan High SchoolBlue and YellowBulls
3ºA Iniesta High SchoolRed and WhiteFoxes
3ºB Whitney Houston High SchoolBlack and blueBears
3ºC Isaac Newton High SchoolBlack and greyWolves
3ºD Mozart High SchoolBlack and WhiteMeerkats
4ºA Kurt Cobain High SchoolRed and BlackMammoths
4ºB Freddie Mercury High SchoolBlack and GreenPanthers
4ºC H. P. LovecraftBlack and yellowWasps


luns, 23 de maio de 2022

NOVOS CADERNIÑOS INFORMATIVOS POR CURSOS

O Departamento de Orientación do instituto ven de actualizar á nova lexislación os caderniños informativos para cada un dos cursos da ESO e Bacharelato incluindo os criterios de promoción, as asignaturas por cursos e os itinerarios.

Podedes ver os caderniños na páxina específica de Orientación da nosa web dende esta ligazón:

 

sábado, 21 de maio de 2022

NOVAS ALUMNAS PREMIADAS NA CONVOCATORIA DOS PREMIOS "ISABEL ZENDAL"

Novamente estamos encantados de anunciar que alumnas do noso centro resultaron premiadas na III edición dos Premios Isabel Zendal de Promoción do Pensamiento Crítico en Educación Secundaria e Bacharelato organizado pola Universidade de A Coruña.
As alumnas galardonadas son: 
* Segundo  premio: Noa  Lage  García  (S2º C)
* Terceiro  premio: Valeria  Ortiz  Arias  (S2º D)
* Accésit: Leda  Tinaquero  Vizoso  (S2º D)

Todas elas na categoría A e alumnas da profesora MERCEDES GARROTE.
 

xoves, 19 de maio de 2022

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN E RUTA DO RÍO MANDEO


 
O pasado venres 13 de maio, o alumnado de reforzos-agrupamentos visitaron o centro de interpretación e fixeron unha ruta polo río Mandeo.





























martes, 17 de maio de 2022

SOMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE PODCAST POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022



Concurso de Podcast 2022. Este ano céntrase en Florencio Delgado Gurriarán. gañamos o 1º premio cun podcast titulado A heroica vida de Florencio.
O punto de partida deste proxecto é a reflexión acerca de que é un heroe. Nas noticias viamos diariamente aos refuxiados da guerra de Ucraína, así como aos combatentes que quedaban a defender o país da invasión. Quen é un heroe? O que queda a loitar ou o que deixa todo? Como sinalou un estudante nunha redacción, “un heroe pode ser un bombeiro, pero tamén os que escapan do lume son heroes”. A partir destas reflexións, achegámonos á figura de Florencio Delgado Gurriarán, quen se exiliou en México por mor da Guerra Civil española. Obtivemos información sobre a súa vida e os seus poemas no libro de Héctor Cajaraville Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade, do que se inclúen fragmentos no podcast.
Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO co profesor Arcadio Gonzalez.

Ligazón para escoitar o PÓDCAST: 

Concurso de Podcast 2022 | ‘A heroica vida de Florencio’ do IES P. Rafael Dieste

 

xoves, 12 de maio de 2022

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS 2022: DATAS DAS PROBAS

No DOGA de hoxe: DOGA LIGAZÓN AQUÍ publícase a data, horario e lugar das probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato, que serán os seguintes:


Data: 23 de xuño
Hora:
9:30 h presentación das persoas candidatas
10:15 a 12:15 h, primeira parte da proba
12:45 a 13:45 h, segunda parte da proba

O lugar publicarase no portal educativo (www.edu.xunta.gal) unha vez publicada a relación provisional de alumnado admitido e excluído.

luns, 9 de maio de 2022

ADIANTO CONVOCATORIA BECAS MEC 2022/23

 

Recordatorio de que se adiantaron os prazos para a solicitude de Becas do Ministerio de Educación, con respecto as datas doutras convocatorias.
O prazo desta convocatoria vai do 30 de marzo ao 16 de maio.

Toda a información nesta ligazón á web do MEC.

DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2022



O pasado sábado 7 de maio celebrouse no Parque de Santa Margarita o Día da Ciencia na Rúa 2022, donde dende as 11 da mañá ata as 7 de tarde, alumnado de distintos centros escolares da cidade presentaron os seus proxectos e experimentos científicos. O "Rafael Dieste" tamén tivo a súa representación, coordinada pola profesora de ciencias Marisa Castiñeira.

Toda a información completa no blog de ciencias: DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2022.



xoves, 5 de maio de 2022

SESIÓN FOTOGRÁFICA DE THEODOR KALLIFATIDES NO IES "RAFAEL DIESTE"


 Incluímos algunhas das mellores fotos da sesión de fotos que o fotográfo de "La Opinión de A Coruña", Víctor Echave, fixo durante a visita do escritor Theodor Kallifatides ao noso centro onte.


Cos presentadores do acto Xenia Knorr e Tiago Salaño.


Coa profesora de inglés do instituto Hilda Fraga, que actuou de intérprete.






mércores, 4 de maio de 2022

THEODOR KALLIFATIDES VISITA O "RAFAEL DIESTE"


 Hoxe temos o privilexio de recibir a visita do escritor sueco de orixe grega Theodor Kallifatides que dará unha conferencia para o alumnado de 1ºBAC.

Como xa anunciamos, recibimos pasado o mediodía, a visita do escritor THEODOR KALLIFATIDES que falou co alumnado de 1ºBAC da súa vida, obra e traxectoria vital como escritor. 
O acto foi presentado por dous estudantes de 1ºBAC do centro:
 Xenia Knorr, alumna suíza que estudia no noso centro este curso e cuxa nai é de orixe grega, quixo recibir ao escritor con unha introducción en grego.
 Outro alumno, Tiago Salaño comentou a breve presentación en imaxes sobre el.
A profesora de inglés do centro, Hilda Fraga, fixo de intérprete durante a charla.
O escritor respostou tamén a todas as preguntas que o alumnado tiña preparadas sobre as súas obras, as súas opinións personais e sobre a situación do seu país natal, de Europa e a actualidade. 
Esta visita foi todo un luxo para o noso instituto!
Máis abaixo tedes as ligazóns á noticia na prensa local ["La Voz de Galicia" e "La Opinión de A Coruña", respectivamente].





Foto: Ana Cepri


Theodor Kallifatides con Hilda Fraga, Xenia Knorr e Tiago Salaño.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores