(Photo Kayleigh, xunto coa xefa de departmento de inglés Hilda Fraga).
Pois o fixemos, celebramos o noso propio "HOMECOMING" e a verdadeira organizadora de todo o evento for Kayleigh Vantassel, a nosa lectora americana destes dous últimos cursos quen pensou que era unha boa idea montalo no noso centro. Kayleigh puxo neste proxecto unha gran cantidade de traballo duro, pero seguro que todos recordaremos esta experiencia por moito tempo. Tamén implicou moita colaboración por parte de toda a comunidade escolar: alumnado e profesorado
O alumnado participou nas diferentes actividades do noso particular "HOMECOMING", como xa explicamos na entrada anterior.
- PARTIDOS DE BALONCESTO:
- TALENT SHOW.
- TRIVIA QUIZ.
- XIMKHANA
O alumnado participou como grupos de clases, cada un co seu nome, dous colores, unha mascota e unha canción que os representaba. Cada grupo tiña un/ha profesor/a e dous alumn@s líderes para coordinar. Neste momento están a ver os resultados para ver que equipo gañou.
Pero non esqueceremos o ben que o pasamos tod@s esta mañá...
...alumnado,...
...e profesorado...
Actualizamos o resultado dos gañadores noutra entrada.
Un agardecemento MOI ESPECIAL Kayleigh por todo o seu traballo e outro extendido a tod@s os que participaron nun día tan estupendo!
- Version en inglés desta entrada @ ClickOnEnglish.
Ningún comentario:
Publicar un comentario