O noso Grupo Afectivo-Sexual estrea Instagram e blog, podedes acceder nestas ligazóns inferiores ou no ícono do grupo na columna dereita deste blog.
- instagram.com/diestediversidade/
Benvidas e benvidos, O día 25 de maio de 2021 comezamos esta nova aventura no IES Rafael Dieste cun grupiño de alumnas e alumnos e varias profesoras. Nesta primeira reunión asentamos as bases deste grupo de apoio afectivo-sexual que arranca esta semana. Tocáronse diferentes temas: pasouse revista á lexislación que apoia a creación deste grupo, das distintas ferramentas de prevención do acoso, decidiuse utilizar Telegram como principal canle de comunicación, e de contar cun taboleiro LGTBIQ+, un espazo propio na Biblioteca e un Aula Segura . Pouco a pouco todas estas propostas comezan a tomar forma. Paso a paso iremos crecendo xuntas e xuntos, cara un próximo curso cheo de ilusión e ganas. O noso obxectivo este curso será asentar as bases deste grupo e comezar coa celebración do Mes do Orgullo e a nova sección "Razóns para unha educación con orgullo" no noso perfil de Instagram (@diestediversidade). Grazas a todas e todos por apoiarnos. Imos comezar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario