xoves, 27 de febreiro de 2020

AXUDAS A ACTIVIDADES FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2020 DA XUNTA DE GALICIA


A Xunta de Galicia ven de establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concurrencia competitiva, para realizar actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras, do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante el ano 2020.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades para 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán ao inicio do curso 2020/21.

- CARTEL INFORMATIVO 2020
  • 2º BACH
    • Inglés en Canadá. 3 semanas. Familia
    • Inglés en Reino Unido. 3 semanas. Familia
    • Francés en Francia. 3 semanas. Familia ou residencia
    • Portugués en Portugal. 3 semanas. Familia ou residencia
  • 1º BACH
    • Inglés en Reino Unido. 3 semanas. Familia
    • Inglés en Canadá. 3 semanas. Familia
    • Inglés en Canadá-Integración. 4 semanas. Familia
    • Inglés en Galicia. 1 semana. Residencia
    • Francés en Francia. 3 semanas. Familia ou residencia
    • Portugués en Portugal. 3 semanas. Familia ou residencia
  • 4º ESO
    • Inglés en Galicia. 1 semana. Residencia
    • Inglés en Galicia. 2 semanas. Residencia
  • 3º ESO
    • Inglés en Galicia. 2 semanas. Residencia
  • 2º ESO
    • Inglés en Galicia. 2 semanas Residencia
  • 1º ESO
    • Inglés en Galicia. 2 semanas. Residencia
O custo total de cada actividade inclúe:
  • a) No caso das actividades a realizar no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • c) Os gastos de docencia e o material escolar.
  • d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • e) Os gastos de mantenimento e aloxamento.
  • f) O certificado de realización da actividade.
  • g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Beneficiarios:

  • Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º da educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, en Galicia.
  • Ter superado todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
  • Ter conseguido no curso 2018/19 unha calificación mínima de Ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadia.
  • Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2019/20, nun centro da Red de centros plurilingües.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Estar en posesión do documento nacional de identidade, número de identidade de estranxeiro ou pasaporte. No caso de alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou nai ou titor/a legal…

Prazo de presentación: 27/02/2020 – 26/03/2020.

Toda a información na páxina de AXUDASLE

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores