xoves, 11 de febreiro de 2021

11-F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


 

O Departamento de Ciencias celebrando, como cada curso, o 11-F, Día da Muller e a Nena na Ciencia.

Na actualidade, as mulleres e nenas atopan barreiras de moitos tipos, ás veces moi sutís, que dificultan a súa presenza na ciencia. O 15 de decembro de 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia", convidando a que se organizasen actividades de educación e sensibilización pública que axudasen a logar unha maior participación e progreso das mulleres e as nenas na ciencia.

En setembro de 2016 un grupo de persoas do ámbito científico, de forma completamente voluntaria e sen ánimo de lucro, lanzamos a Iniciativa 11 de Febreiro. Coa iniciativa queremos encher as axendas de actividades que conmemoren o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que axuden a visibilizar o traballo das científicas, a crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico-tecnolóxico. A iniciativa realízase en toda España.

No IES Rafael Dieste teremos as seguintes actividades para celebrar o #11F 



“Coñéceas” é unha actividade en directo que ten como principal obxectivo dar visibilidade ás científicas que investigan en cancro, dunha forma dinámica e interactiva. O noso obxectivo é que se coñezan ás “mulleres detrás de bata”: como son, como empezaron, como orientaron a súa carreira, e como chegaron a ser grandes investigadoras punteiras nos seus campos. A través desta acción queremos animar ao alumnado, e en particular, ás nenas e novas, a que se interesen por a Ciencia, precisamente con a oportunidade de falar e preguntar a directamente a estas ‘detectives do cancro’ 

 Cando? A iniciativa desenvolverase o próximo 8 de Febreiro de 2021. O formato será en liña, co obxectivo cubrir polo menos 50 colexios, institutos e universidades en España e o estranxeiro. Cada centro educativo conectarase cunha investigadora en charlas ti‐a‐ti. Os estudantes poderán facelo desde as súas propias aulas sen ningunha infraestrutura ou xestión adicional.

Oxalá que todas as nenas e nenos non teñan ningún impedimento en chegar a ser o que queiran ser

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores