Seguimos a celebrar conferencias ainda no confinamento. Hoxe temos una conferencia por internet de Casto Rivadulla "Estás seguro do que ves?" para o alumnado de Bacharelato. Hoxe ás 12:30 pola rede.
Ampliamos e actualizamos información:
Ampliamos e actualizamos información:
O
venres 8 de maio tivemos a Casto Rivadulla en conferencia on line
para os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º e 2º de bacharelato
IES Purilingüe Rafael Dieste.
Casto
Rivadulla é profesor de Fisioloxía na Universidade
da Coruña.
Investigador en Neurociencia. Doutor en Bioloxía pola Universidade
de Santiago de Compostela,
becario Fullbright no Massachussets
Institute of Technology,
actualmente membro do grupo de investigación NEUROCOM
A
conferencia titulouse: Estás
seguro do que ves?
Foi unha explicación dalgúns aspectos do funcionamento dos
sentidos, a través das imaxes e as ilusións.
Tamén
falounos como os magos e ilusionistas, tamén artistas, utilizan e
dominan a percepción humana, facendonos ver ou non ver aquelo que
eles queren.
Rematou
a conferencia cos dous consellos que salientábeis para manter en
boa forma ao noso cerebro; facer exercicio físico e sobre todo
durmir ben (polo menos de seguido 8 horas)
Casto
Rivadulla presentou un libro o ano pasado; A
que cheiran as cores?,
onde responde a cuestións curiosa mentres nos explica, dun xeito
divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro. Estaremos a espera
de que veña a firmalo a o noso instituto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario