A
Consellería de Educación estableceu
no
apartado 4.1. da
Resolución
do
22
de
maio de 2020,
pola que se establece a reapertura parcial dos centros educativos
que
“os
centros educativos permitirán a entrada dos proxenitores do alumnado
dende o momento en que se levanten as restricións de movemento,
coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos
seus fillos/as. Para
estes efectos a dirección de cada centro poderá establecer un
modelo organizativo de presenza por quendas ou horarios por cursos co
fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo”.
Para
evitar aglomeracións de persoas no centro, establécense as
seguintes quendas para recoller o material das taquillas,
-
MARTES
26 de maio: 1º ESO
-
MÉRCORES 27 de maio: 2º ESO
-
XOVES 28 de maio: 3º ESO
-
VENRES 29 de maio: 4º ESO
-
LUNS 1 de xuño: 1º bacharelato
-
MARTES 2 a VENRES 5 de xuño: todos os cursos
En
calquera caso, nunca poderán acceder ao centro máis de tres persoas
á vez para a recollida do material.
A
recollida será en horario
de 8:30
a 13:30
No
caso das familias que teñan varios fillos no centro e distintos días
de recollida, poderán levar o material de todos o mesmo día.
Lémbrase
a obrigatoriedade de cumprir coas normas de protección e seguridade
(máscara e distancia mínima.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario