Para o alumnado de 2º e 1º de BAC a UDC nun clic!
Como
futuros estudantes universitario a Universidade da
Coruña anuncia estas Xornadas de Portas Abertas. Como son, que fan e
que poden ofrecervos para que se vexan cumpridas as vosas
expectativas vitais e profesionais na vosa traxectoria
universitaria. Outros anos poideron abrir literalmente as súas portas e manter un contacto estreito e persoal con todos. Nesta
ocasión, a COVID-19 obrígan a facelo de forma virtual mais iso
non será impedimento para ensinar a UDC con todo o noso agarimo.
Achégate!
Benvido/a
á Universidade da Coruña!
Benvido/a
ao futuro!
É
o que propoñen a través das XORNADAS
DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, na
que os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a
nosa Universidade e poderedes interactuar cos responsables das
titulacións, os vindeiros xoves
23 e venres 24 de abril.
Tamén
coñeceredes os servizos e unidades que vos van a facer máis fácil
e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias
públicas, centro de linguas, cultura, deporte, cooperación e
voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade,
acción titorial, asociacións estudantís, emprego...
Podes
ver toda a información das Xornadas,
na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41
Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que vos ofrecen para o vindeiro curso 2020-2021.
Non
é necesaria inscripción previa:
Disporedes
de:
- Videoconferencia en directo de cada titulación
- Vídeos de Centros Universitarios
- Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado
Tamén
teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guiavos
polas Xornadas: un de Información
Xeral e
outro no que poderedes facer as a consultas relacionadas co Acceso
e Admisión na
Universidade.
Teñen un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para
quen os consiga superar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario