Como xa prometera alá polo mes de xaneiro, cando presentou a súa última novela "ADEUS, CAPITÁN WALTON", Miguel Mato, quen foi profesor de galego do noso instituto, veu hoxe a dar unha charla e presentalo diante do alumnado de Bacharelato. Moitos deles foran alumado seu non hai moito.
venres, 31 de maio de 2019
xoves, 30 de maio de 2019
CONCURSO CULTURA CLÁSICA 2019
O pasado martes 28 celebrouse o "Concurso de Cultura Clásica" que cada curso levamos a cabo con outros centros da cidade de A Coruña.
Este ano podemos decir que fixemos pleno e gañamos nos dous niveis de 3º e 4º da ESO, respectivamente:
- PAULA RODÍGUEZ RODRÍGUEZ (4ºESO)
- ARIADNA MILETH SÁNCHEZ GARZA (3ºESO)
Parabéns ás dúas!
mércores, 29 de maio de 2019
CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO AO RENDEMENTO 2018/19 DA XUNTA DE GALICIA
Hoxe publicouse na web da Consellería a convocatoria dos premios extraordinarios da ESO ao rendimento académico, para alumnado con nota media dos catro cursos da ESO superior a 9. O plazo de presentación de solicitudes remata o 5 de xullo. Toda a información nesta ligazón:
Convocados os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/2019
martes, 28 de maio de 2019
MUSICAL NO ÁGORA PARA ALUMNADO DO 'RAFAEL DIESTE'
Alumnado do noso instituto asistimos onte no Centro Cívico do Ágora ao musical "O Gran Espectáculo do Mundo.
sábado, 25 de maio de 2019
GRADUACIÓN PROMOCIÓN 'RAFAEL DIESTE 2019'
Onte venres celebramos a ceremonia de Graduación da promoción de alumnado 'Rafael Dieste 2019'. O acto celebrouse no Auditorio Andrés Gaos do Conservatorio Superior de Música para continuar logo no noso instituto.
Parabéns e moita sorte para todos eles!
Video LIPDUB 'RAFAEL DIESTE':
RECORDANDO... GRADUACIÓN PROMOCIÓNS 'RAFAEL DIESTE' 2010-2017
Recordando graduacións previas á existencia deste blogue... (2010 a 2017)
Graduación Promoción 2010
Graduación Promoción 2011
venres, 24 de maio de 2019
"LOS LOCOS DE LOPE" NO 'RAFAEL DIESTE'
Esta mañá tivemos a visita do Grupo de Teatro do IES 'Monte das Moas' que viñeron a representar para o noso alumnado "Los Locos de Lope".
luns, 20 de maio de 2019
CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E AXUDAS PARA ALUMNADO ESO 2019-20
Aberta convocatoria para a solicitude do fondo solidario de libros de texto e axudas para o material escolar do curso 2019-20.
martes, 14 de maio de 2019
CONVOCATORIA STEMweek 2019 DA XUNTA DE GALICIA
ORDE do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización
das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019,
destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en
réxime de concorrencia competitiva.
O novo marco curricular do sistema educativo galego pon de manifesto a necesidade de
que o alumnado adquira competencias que lle permitan habilidades de traballo en equipo,
desenvolvemento do espírito crítico e habilidades comunicativas nunha lingua estranxeira.
Outro elemento que se considera necesario é impulsar as coñecidas como «vocacións
STEM» (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) e así espertar a motivación do
alumnado cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico
tecnolóxico.
Esta acción enmárcase na Estratexia galega de educación dixital (Edudixital 2020) e na
Estratexia galega de linguas estranxeiras (Edulingüe 2020) da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional.
O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das
competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia,
Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado que curse 3º ou 4º de ensino secundario obrigatorio no réxime xeral e matriculado en centros docentes sostidos con fondos
públicos en Galicia, durante o curso 2018/19.
Esta convocatoria, para os efectos da súa identificación e acceso por parte das persoas
interesadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia, aos formularios de inicio, denomínase «Actividades formativas STEMweek», e ten o código do procedemento ED504G.
O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial
Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo
ao sábado seguinte.
Primeira quenda: do 25 ao 31 de agosto 2019.
Segunda quenda: do 1 ao 7 de setembro de 2019.
Persoas beneficiarias e requisitos
1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser persoa beneficiaria
destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral, en
centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma
de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2017/18. De ser adxudicada unha praza
obxecto desta convocatoria a un alumno/a de 4º de ESO que non teña superadas todas as
materias do curso 2018/19, deberá renunciar a ela.
c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de 6 na materia de Inglés.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria,
recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
Solicitudes, presentación e prazo
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal .
2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos
lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo
común.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de
identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
4. As persoas que o desexen poden completar en liña o formulario electrónico dispoñible
desde a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasst/. Unha vez cuberto este formulario,
gravarán os datos na aplicación en liña, o que xerará un documento electrónico, correspondente aos anexos I e II, que a persoa interesada deberá imprimir. A solicitude (anexo I)
deberá asinala o representante (o pai, a nai ou a persoa que exerce a titoría, no caso de
alumnado menor de idade) ou o alumno ou alumna maior de 18 anos. Posteriormente e
antes do remate do prazo establecido neste artigo, deberá facerse o rexistro desta solicitude, xunto co anexo II debidamente asinado, así como a documentación complementaria
necesaria, por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,
do procedemento administrativo común das administracións públicas.
5. O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio
de 2019, ambos os dous incluídos.
XV XORNADAS PARA FAMILIAS PARA EDUCAR EN IGUALDADE
A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.
Xuntamos o programa das xornadas. Tamén contaremos cun servizo de atención a menores baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.
Para intentar facilitar a asistencia ás familias, ó profesorado e o público en xeral, esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias e na Coruña será na seguinte data:
- A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
A Secretaría Xeral da Igualdade estará a súa disposición para toda a información que requira, no enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312.
Os datos do formulario de inscrición, que tamén se atopan dispoñibles na nosa páxina web http://igualdade.xunta.es/
TRABALLOS ALUMNADO 1ºESO EN PLÁSTICA
Aquí tedes o vídeo que realizou o alumno do Practicum de Plástica, Aarón Sabucido Represa, cos traballos do curso de 1º ESO de Plástica.
Video:
luns, 13 de maio de 2019
SAÍDA XEOLÓXICA COSTA DE DEXO (OLEIROS)
O día 9 de maio o alumnado de ciencias de 4º de ESO do IES Rafael Dieste co Departamento de Bioloxía e Xeoloxía fixemos unha ruta xeolóxia pola costa de Dexo.
Fran Canosa, xeólogo que leva un proxecto e páxina web de rutas xeolóxicas de Galicia, explicounos a xeoloxía da zona.
+ info.
+ info.
Tamén houbo paradas para comentar construccións artísticas da zona pola profesora de historia.
martes, 7 de maio de 2019
A X SEMANA CULTURAL DO 'RAFAEL DIESTE' NA PRENSA LOCAL
A X Semana Cultural 'O CINE' do 'Rafael Dieste' tivo repercusión na nosa prensa local. O xornal "La Opinión" do pasado venres 3 de maio publicou un artigo sobre o tema como podedes ver nas fotos. Na seguinte ligazón toda a información completa sobre a X Semana Cultural: O CINE.
luns, 6 de maio de 2019
O ALUMNADO DE KRONBERG EN A CORUÑA
Entre o 29 de abril e o 6 de maio o alumnado do instituto Altkonigschule de Kronberg estiveron entre nos compartindo clases, excursións e convivencia coas familias do noso alumnado, na segunda parte do intercambio escolar 2019. Recopilamos fotos da súa estadía. Arriba foto de todo o alumnado participante español e alemán diante da Colexiata.
Nas dúas fotos superiores o alumnado e profesores alemáns na súa visita á Domus e á Torre de Hércules.
Nesta foto todo o grupo alumnado e profesores en Fisterra.
Nesta foto todo o grupo diante da Catedral de Santiago.
Toda a información sobre o intercambio @ 'ClickOnEnglish'
Toda a información sobre o intercambio @ 'ClickOnEnglish'
ALUMNADO DO 'RAFAEL DIESTE' PARTICIPA NA ACTIVIDADE 'CIENCIA NA RÚA 2019'
O pasado sábado celebrouse na Casa das Ciencias a actividade 'Ciencia na rúa' na que participou alumnado do noso centro coordinados pola profesora de bioloxía Marisa Castiñeira. Ali montaron un posto para mostrar os seus traballos, polo que pasou, entre outros, o alcalde da cidade Xulio Ferreiro.
+ info.
+ info.
xoves, 2 de maio de 2019
mércores, 1 de maio de 2019
III PREMIOS DADO 2019
Onte martes 30 de abril falláronse os III Premios Dado no Ágora. Alumnado do noso instituto foi premiado:
III PREMIOS DADO
- Segundo premio na categoría A: Xoel Añón Lage (S1B).
- Primer premio na categoría B: Uxía Queijeiro Sesar (B1B).
AdemáIs, na categoría B fOron tamén finalistas Raquel Torres (B1A) E Paula Iglesias (B1B).
Vera Losada Castro (S2D) foi finalista na categoría A de Booktrailers.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e
MUSE VIDEOS 2022
Etiquetas
1ºBAC
1ºESO
2ºBAC
2ºESO
3ºESO
4ºESO
8-M
ABAU
Abalar
Actividades
Artística
Audios
Autores
AuxiliaresConversa
Avaliación
Avisos
Becas
Bibliodieste
Bibliotecas
Blog
Calendario
Castelán
CiclosFP
Ciencias
Cine
ClubesLectura
Cociña
Compromiso
Concello
Concerto
Concursos
Conferencia
ConselloEscolar
Contacto
Convivencia
Convocatorias
Danza
Deporte
Diversidade
EDL
Ecoloxía
Ed.Física
Efemérides
Emerxencia
EnglishWeek
Enquisa
Entrevista
Entroido
EscolaPais
Exames
Excursión
Exposición
Festividades
Filosofía
Fotografía
Francés
FísicaQuímica
Galego
Graduación
Grego
Historia
Homecoming
Homenaxe
Idiomas
Impresos
Info
Inglés
Instituto
Integración
Intercambio
LGTBIQ+
Latín
Lembranzas
LibrosTexto
Literatura
MUSE
Matemáticas
Matrícula
Mediación
Medioambiente
Microrrelatos
Mulleres
Museos
Música
Nadal
Obituario
Obradoiro
Olimpíada
Orientación
Pendentes
Poesía
Premios
Prensa
ProgramasEducativos
ProxectoDeportivo
Radio
RadioFiestra
Samaín
Saúde
SemanaCultural
Ski
TIC
Teatro
Tecnoloxía
Titoría
Torneo
TrinityExams
Universidade
Viaxes
Vicedirección
Videos
Xadrez
Xornadas