ORDE do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización
das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019,
destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en
réxime de concorrencia competitiva.
O novo marco curricular do sistema educativo galego pon de manifesto a necesidade de
que o alumnado adquira competencias que lle permitan habilidades de traballo en equipo,
desenvolvemento do espírito crítico e habilidades comunicativas nunha lingua estranxeira.
Outro elemento que se considera necesario é impulsar as coñecidas como «vocacións
STEM» (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) e así espertar a motivación do
alumnado cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico
tecnolóxico.
Esta acción enmárcase na Estratexia galega de educación dixital (Edudixital 2020) e na
Estratexia galega de linguas estranxeiras (Edulingüe 2020) da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional.
O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das
competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia,
Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado que curse 3º ou 4º de ensino secundario obrigatorio no réxime xeral e matriculado en centros docentes sostidos con fondos
públicos en Galicia, durante o curso 2018/19.
Esta convocatoria, para os efectos da súa identificación e acceso por parte das persoas
interesadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia, aos formularios de inicio, denomínase «Actividades formativas STEMweek», e ten o código do procedemento ED504G.
O lugar onde se realizará esta actividade será o CRD da Coruña (Centro Residencial
Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo
ao sábado seguinte.
Primeira quenda: do 25 ao 31 de agosto 2019.
Segunda quenda: do 1 ao 7 de setembro de 2019.
Persoas beneficiarias e requisitos
1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser persoa beneficiaria
destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral, en
centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma
de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2017/18. De ser adxudicada unha praza
obxecto desta convocatoria a un alumno/a de 4º de ESO que non teña superadas todas as
materias do curso 2018/19, deberá renunciar a ela.
c) Ter acadado no curso 2017/18 unha cualificación mínima de 6 na materia de Inglés.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria,
recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
Solicitudes, presentación e prazo
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED504G) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal .
2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos
lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo
común.
3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de
identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
4. As persoas que o desexen poden completar en liña o formulario electrónico dispoñible
desde a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasst/. Unha vez cuberto este formulario,
gravarán os datos na aplicación en liña, o que xerará un documento electrónico, correspondente aos anexos I e II, que a persoa interesada deberá imprimir. A solicitude (anexo I)
deberá asinala o representante (o pai, a nai ou a persoa que exerce a titoría, no caso de
alumnado menor de idade) ou o alumno ou alumna maior de 18 anos. Posteriormente e
antes do remate do prazo establecido neste artigo, deberá facerse o rexistro desta solicitude, xunto co anexo II debidamente asinado, así como a documentación complementaria
necesaria, por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,
do procedemento administrativo común das administracións públicas.
5. O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio
de 2019, ambos os dous incluídos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario