martes, 30 de abril de 2019

X SEMANA CULTURAL: "EL VERDUGO" DE BERLANGA HOXE NO ÁGORA

 

A proxección da película "El verdugo", de Luis García Berlanga no Centro Ágora o martes 30 ás 16.15h da tarde. Organizamos esta proxección en colaboración co CGAI, que é quen proporciona a película e o Concello de A Coruña cede o auditorio do Ágora. Asiste o alumnado do centro de 3º e 4º ESO, e 1º e 2º de Bacharelato. Invitamos a que nos acompañen nais, pais, avoas e avós... Entregaremos unha folla de sala con información da película preparada polo alumnado, e farán tamén unha breve presentación antes da proxección. O aforo do Ágora é de máis de 500 asentos, e a entrada é libre ata completalo. A película dura aproximadamente 1h 30',  contamos con terminar a actividade en torno ás 18.15 h. Citamos ao alumnado no Ágora ás 16:15h para empezar a proxección ás 16:30h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores