Onte venres no Instituto recitamos a Rosalía de Castro, con versos onde a Lúa, o Sol, as Estrelas… eran protagonistas, animando a votar a #EstrelaRosalía.
Se queres axudarnos a que Rosalía de Castro sexa tamén unha estrela recoñecida oficialmente pola Unión Astronómica Internacional, ademais de votar por ela, podes difundir nas túas redes sociais e entre os teus contactos. A data límite das votacións é o día 12 de novembro.

+ INFO:
A Unión Astronómica Internacional (IAU, polas siglas en inglés) foi fundada hai un século, en 1919. Para celebrar o seu centenario, a IAU organizou a campaña mundial NameExoWorlds, que permite que cada país do mundo lle poña nome a unha estrela cun exoplaneta asociado.

HD 149143 é a estrela asignada a España. É unha anana amarela parecida ao noso Sol situada a 240 anos luz de nós, na constelación de Ofiúco, o Serpentario. A súa magnitude relativa é 7,89, o cal a converte nun obxecto visíbel con prismáticos en ceos escuros. O exoplaneta HD 149143 b foi descuberto en 2005. É un xigante gasoso un pouco maior que Xúpiter que orbita a oito millóns de quilómetros da súa estrela: tarda só 4,1 días en dar unha volta completa arredor dela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario