A Consellería de Educación ven de convocar, nunha primeira fase, para o alumnado que cursa os seus estudos de 4º de Educación Secundaria dentro do programa plurilingüe nos centros educativos incorporados á Rede de Centros Plurilingües ás probas para acreditar o Nivel B1, Nivel B2 ou Nivel C1 de competencia lingüística, en lingua inglesa.
Estas probas realizaranse nos centros docentes que se determinen, nas cidades de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo,
o sábado 15 de febreiro de 2020 en horario de mañá.
As probas orais realizaranse entre o 10 e o 14 de febreiro con posibilidade de continuar nos días 17 e o 21 de febreiro de 2020, se fose preciso, en horarios que se concretarán para cada persoa candidata.
A participación nestas probas é de carácter voluntario. O alumnado decidirá, coa orientación do seu profesorado, o nivel ao que se quere presentar (B1, B2 ou C1).
A inscrición do alumnado aspirante será gratuíta e o alumnado deberá apuntarse ata o
luns 16 de decembro.
O alumnado interesado deberá inscribirse nunha lista que terá o profesorado de inglés que imparte en 4ºESO.
Para o alumnado de BAC haberá unha posible matrícula nunha segunda fase posterior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario