Amosando publicacións coa etiqueta EW19. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EW19. Amosar todas as publicacións

sábado, 16 de novembro de 2019

DE VOLTA DE OS PEARES: BACK FROM THE 'ENGLISH WEEK'



Hoxe xa regresaron os 25 estudantes do 'Rafael Dieste' que pasaron esta semana en Os Peares no programa de inmersión lingüística "English Week".

Onte no derradeiro día da estadía realizaron as presentacións dos proxectos desenvolvidos ao longo da semana sobre o tema do medio ambiente e as 3R (reducir, reutilizar e reciclar).

Só resta darlles os parabéns a todo o alumnado participante pola súa boa actitude e participación durante toda a semana e as grazas á profesora acompañante (Leticia Ogando) e ao persoal da residencia.






Versión en inglés @ ClickOnEnglish

luns, 28 de outubro de 2019

3ºESO: LISTADO DO ALUMNADO SELECCIONADO PARA A "ENGLISH WEEK" E INFO ÚTIL


Achegamos o listado do alumnado de 3ºESO seleccionado no sorteo desta mañá para participar na "ENGLISH WEEK" do 10 ao 16 de novembro, así como o alumnado en lista de espera ordenados. 

- Ligazón n1º LISTADO ALUMNADO SELECCIONADO E ALUMNADO EN LISTA DE ESPERA 
(Só aparece parte do DNI/NIE pais/titores legais do alumnado)

Ademáis achegamos información útil para as familias do alumnado que irá, que tamén será entregada ao alumnado:

Que teñen que traer os/as participantes?

  1. Roupa para 6 días
  2. Neceser con material de aseo (champú, xel, desodorante, peine, cepillo de dentes, pasta de dentes…)
  3. Pixama e zapatillas
  4. Toallas de ducha
  5. Roupa deportiva
  6. Chuvasqueiro e botas de auga
  7. Paraugas
  8. Maleta identificada con nome e apelidos
  9. Medicación (se é o caso)
  10. Non traer comida
  11. Moitas ganas de aprender e pasalo ben

Como contactar durante a ENGLISH WEEK?

Para garantir a seguridade dos/as participantes, os teléfonos móbiles estarán custodiados polos/as monitores/as.
Os/as participantes disporán do móbil os martes e xoves en horario de 15:45 a 16:15 para contactar coas familias.
No caso de que o/a participante non dispoña de móbil poderase contactar con el/ela a través dos números oficiais do campamento en horario os martes e xoves de 15:45 – 16:45
633792030 / 633672030 / 666917050
Se por calquera circunstancia a comuniación co alumnado ten que ser a outra hora informarase chamando ao 633792030Este número tamén estará dispoñible para resolver posibles dúbidas ou consultas sobre o campamento en calquera horario.


venres, 18 de outubro de 2019

ALUMNADO 3ºESO: ACTIVIDADE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA "ENGLISH WEEK" NOVEMBRO 2019



O IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' ven de ser seleccionado para participar na actividade de inmersión lingüística ENGLISH WEEK, dirixida ao alumnado de 3º da ESO. Son unha serie de actividades para a práctica e mellora da comunicación oral en inglés co apoio de profesorado nativo. 
A actividade, organizada pola Consellería de Educación, terá lugar entre os días 10 e 16 de novembro nun centro residencial en Os Peares (Ourense). A actividade non terá coste para as familias coa excepción do transporte, que será organizado polo instituto. O noso alumnado estará acompañado pola profesora de Educación Física, Leticia Ogando.
O número de participantes está limitado a 25. Os interesados en que o seu fillo/a participe, deberán devolver ao centro a autorización que se lle entregou a todo o alumnado de 3ºESO debidamente cuberta e asinada, antes do VENRES 25 DE OUTUBRO na SECRETARÍA do centro. 
No caso que houbera máis candidatos que prazas procederíamos a realizar un sorteo público que se levará a cabo o luns 28 de outubro durante o segundo recreo (12:10h) no salón de actos do centro.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores