martes, 15 de novembro de 2022

PARA CONMEMORAR O 25-N


 O vindeiro día 25 de noviembre celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A Delegación do Goberno de España en Galicia, con tal motivo, organiza unha serie de actividades encamiñadas a sensibilizar á cidadanía ante esta lacra social e a recoñocer o trabajo das persoas que poñen en valor o papel da muller na nosa sociedade e loitan contra a violencia machista.

A iniciativa consiste en animar aos mozos e mozas, a partir de 13 anos, a realizar unha acción na rede social TikTok sobre o respeto e a igualdade, ben unha canción, un baile, unha representación gráfica… e compartila. Para animalos contaremos coa colaboración da tiktoker @Ireniusx, que o vindeiro día 20 colgará un vídeo no seu canal explicando a iniciativa e invitándoos a participar. 

luns, 14 de novembro de 2022

O IES "RAFAEL DIESTE" PROTAGONISTA NAS XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2022 EN SANTIAGO



Este sábado 12 de novembro vimos de participar nas Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2022, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela. O noso centro foi invitado a participar na mesa redonda sobre "Novas Linguaxes na Biblioteca". En ausencia de Arcadio Novoa, coordinador da radio neste curso e responsable, xunto co alumnado participante,  do programa de radio "A heroica vida de Florencio Delgado", Carlos Lens, coordinador da radio o curso pasado, encargouse de contar a experiencia, tanto da radio en xeral como da elaboración do podcast gañador do premio do día da letras galegas.

mércores, 9 de novembro de 2022

OS CLUBES DE ENCONTROS DE "BIBLIODIESTE"


 Na Biblioteca organizamos unha actividade nova: os Clubes de Encontros. Estes clubes están abertos tanto ao profesorado como ao alumnado, e pódese tomar parte como coordinadores ou como participantes.

A xente que coordina e organiza o club arredor dun tema que lle interese, fai a súa proposta apuntándose no cartel que está na cortiza á dereita da porta da Biblioteca. A temática é libre, o que lle interese a cadaquén.
Xa temos clubes de español, wolof, circuítos eléctricos e linguaxe de signos, coordinados por alumnado, profesorado e mais por Cristina Rubio, a nosa interprete. 
Unha vez organizados, cada club reunirase durante un recreo un día á semana (poden ser máis) na biblioteca e terá a duración que decidan as persoas que o integran.
Se vos interesa, apuntádevos.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores