venres, 4 de novembro de 2022

I TORNEO DE TENIS DE MESA "RAFAEL DIESTE" 1º E 2ºESO


 Entramos na recta final do I Torneo de tenis de mesa organizado polo Departamento de Educación Física para os cursos 1º e 2º ESO. Agradecer o gran entusiamo e deportividade que está demostrando todo o alumnado.

ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL "EDUCATION FOR THE PLANET" EN COLABORACIÓN CON AXUDA EN ACCIÓN


 




Alumnado de 4ºESO participaron na actividade medioambiental de recollida de residuos de bosques e praias dentro do programa "Education 4 the Planet" patrocindao por Axuda en Acción.

mércores, 2 de novembro de 2022

SAMAIN 2022 NO "RAFAEL DIESTE"



 Como todos os anos, chegou o Samaín, e no "Rafael Dieste" celebrámolo decorando o noso patio central e con actividades organizadas por la Biblioteca, como foron os "Contos de Medo". Como podedes ver...









 Alba, Paula, Angélica, Roque e Lía, xente de 1º Bacharelato, aficionados a facer teatro sen escenario, adapaton un conto de medo para a rapazada de 2º ESO: bruxa, oso, persecucións entre cabazas e morcegos.

Durante varios recreos, voluntarios de 2º da ESO léronnos contos elaborados por rapaces e rapazas. A luz dos candís e as voces misteriosas puxeron o punto de espanto á actividade.

Moitas grazas a todo o mundo.




IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores