martes, 28 de novembro de 2017

JOAN MANUEL GISBERT VISITA O "RAFAEL DIESTE"


O noso instituto recibiu hoxe a visita do primeiro autor literario neste curso. Era o escritor catalán JOAN MANUEL GISPERT, autor de literatura xuvenil e infantil, quen falou para o alumnado de primeiro de bacharelato.
A conferencia foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá.

sábado, 25 de novembro de 2017

O "RAFAEL DIESTE" EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA: "VESTIDO DE VODA"

Hoxe conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O noso instituto xa tivo presente esta iniciativa ao longo desta pasada semana con charlas e obra teatral sobre o tema, ademáis de visibilizar os carteis do Concello dentro da Campaña "En negro contra as violencias".
A obra teatral titulada "VESTIDO DE VODA" foi representada no noso salón de actos o xoves 23 para o alumnado de 2ºESO. (Incluímos fotos mais abaixo).
É un traballo de todos sensibilizarnos e loitar contra desta lacra social.





FOTOS DA OBRA "VESTIDO DE VODA". 
(Representación XOVES 23-NOV. Salón de actos IES "Rafael Dieste". Alumnado 2ºESO)










venres, 24 de novembro de 2017

INFORMACIÓN ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES 2017-18









PLAN DE ATENCIÓN AO ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES

ESO: O alumnado con materias pendentes seguirá o plan de actividades elaborado polo profesor que lle imparte docencia no curso actual ou polo Xefe do Departamento correspondente, se é o caso dunha asignatura que non ten continuidade no curso superior. LEVARÁN CALIFICACIÓN NOS BOLETÍNS DAS AVALIACIÓNS ORDINARIAS*.

*Agás algún departamento que teña contemplada outra decisión. Ver programación de pendentes nos Departamentos que teñan diferencias.

BACHARELATO: O alumnado de 2ºBAC con materias pendentes deberá presentarse a dous exames no seguinte calendario:

Primeiro parcial XANEIRO

Luns 29
Mércores 31
16:30h - 17:30h
Matemáticas / Historia
Inglés / Galego
17:30h - 18:30h
Castelán / Latín
Física-Química / TIC

As calificacións destes exames entregaranse o LUNS 5 FEBREIRO en Xefatura de Estudos.

BACHARELATO (e *ESO de ser o caso)
Final MAIO

Mércores 2
Xoves 3
Luns 7
16:30h - 17:30h
Matemáticas
Inglés
Castelán / 
Cultura Clásica
17:30h - 18:30h
Galego / Música
Física-Química / Latín
Xeografía-Historia
18:30h - 19:30h
Bioloxía / Economía
Plástica / 
Ética / Relixión /
Ed. Física
Francés / 
Tecnoloxía / TIC



Ao alumnado de Bacharelato se lles fará entrega de boletíns coas notas de pendentes o XOVES 10 DE MAIO.

IES Plurilingüe 'RAFAEL DIESTE' é centro Mus.e


"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"

"AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO"
Actividade de Dinamización Lingüística

MUSE VIDEOS 2022

Seguidores